Luns, 9 de novembro Xinzo 13° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Dende A Limia

O Concello de Xinzo cifra en máis de 1,1 millóns de euros os danos polas inundacións e solicita axudas do Estado para reparar 75 quilómetros de vías

2 min de lectura

Fonte
Dende A Limia
Concello
Xinzo de Limia
Publicada
5 mar.
Ver a noticia orixinal

O Concello de Xinzo de Limia solicitou á Subdelegación do Goberno unha memoria valorada dos danos provocados polo temporal de febreiro, cun custo total de 1.135.459,62 euros (IVE incluído). O obxectivo é acollerse ás subvencións do Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática, destinadas a Zonas Afectadas Gravemente por Emerxencia de Protección Civil (ZAGEPC), que cobren ata o 50% dos custos de reparación.

A virulencia do temporal obrigou á activación por primeira vez do Plan de Actuación Municipal fronte ao risco de Inundacións o pasado 3 de febreiro. O alcalde, Amador Díaz, destacou a importancia da rápida activación deste protocolo e a coordinación para protexer á poboación e evitar males maiores, aínda que as infraestruturas sufriron danos considerables.

As actuacións previstas inclúen a intervención sobre 75 quilómetros de vías municipais. O concelleiro de Obras, Ramón Gómez, detallou que os traballos se dividirán en:

  • Pistas de terra (55 km): Apertura e limpeza de cunetas, e extensión e perfilamento de base de zahorra artificial.
  • Pistas pavimentadas (20 km): Limpeza de cunetas, bacheo con aglomerado e aplicación de triplo rego asfáltico.
  • Reposición de canalizacións: Subministro e instalación de 500 metros cúbicos de tubos de PVC e mellora de colectores de pluviais.

O Concello de Xinzo de Limia agarda unha resolución favorable do Estado para poder licitar e executar estas obras canto antes.

Saber máis · Descubre A Limia Xinzo de Limia 9.699 habitantes · 20 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser