← Volver Diario do Limia

El Inorde impulsa un curso para proteger la salud de nuestros viñedos | NOTICIAS XINZO

El Inorde impulsa un curso para proteger la salud de nuestros viñedos | NOTICIAS XINZO

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O Inorde, organismo dependente da Deputación de Ourense, convoca unha nova acción formativa centrada na Poda de Respecto, unha técnica agrícola avanzada para evitar a morte prematura das cepas e mellorar a saúde do viñedo. Esta actividade enmárcase na iniciativa piloto de Agricultura Rexenerativa en Viñedo, parte do proxecto europeo INTERREG VI A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, financiado por fondos FEDER.

As xornadas formativas divídense en dúas sesións complementarias nas comarcas da Limia e Monterrei.

A primeira sesión, de carácter teórico, terá lugar o 6 de marzo de 16:00 a 20:00 horas no Centro de Desenvolvemento Agropecuario do Inorde, en Xinzo de Limia. Abordaranse conceptos básicos de fisioloxía da vide, feridas de poda, conos de desecación, tipos e técnicas de poda, e xestión do equilibrio da planta para corrixir erros comúns.

A segunda xornada, eminentemente práctica, realizarase o 7 de marzo pola mañá, de 10:00 a 14:00 horas, na Finca experimental do Inorde, no contorno do Castelo de Monterrei. Os participantes poderán aplicar os coñecementos adquiridos o día anterior.

Esta capacitación agrícola está dirixida a profesionais e afeccionados ao sector vitivinícola da provincia.

Fonte: diariodolimia.gal

Ver noticia completa
De la Tierra Diario do Limia prensa local
Tamén che pode interesar
A Deputación de Ourense mellora a accesibilidade da súa web cun novo botón de lectura
Diario do Limia A Deputación de Ourense mellora a accesibilidade da súa web cun novo botón de lectura
A Deputación de Ourense incorporou unha nova ferramenta na súa páxina web destinada a reforzar a accesibilidade dos seus contidos: o botón "Escoitar". Esta funcionalidade permite a lectura en voz alta de todos os textos publicados no portal provincial. Esta medida ten como obxectivo principal facilitar o acceso á información a persoas con discapacidade visual ou dificultades de lectura, promovendo unha navegación máis autónoma, cómoda e inclusiva. Cun este avance, a institución busca garantir a…
22 de junio de 2026 1 min lectura
Accidente de tráfico en Xinzo de Limia deixa un ferido leve
Diario do Limia Accidente de tráfico en Xinzo de Limia deixa un ferido leve
Un accidente de tráfico rexistrado este luns á tarde na OU-1112, concretamente no punto kilométrico 0,5 na zona de Parada de Ribeira (Xinzo de Limia), resultou nunha saída de calzada e o posterior volto dun turismo. A pesar da apartosidade do siniestro, o condutor implicado sufriu únicamente lesións de carácter leve.
22 de junio de 2026 1 min lectura