Domingo, 8 de novembro Xinzo 11° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Dende A Limia

Susana Vazquez mantivo unha reunión de traballo co conselleiro de Medio Rural

1 min de lectura

Fonte
Dende A Limia
Concello
Porqueira
Publicada
9 ago. 2023
Ver a noticia orixinal

O conselleiro do Medio Rural, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e polo subdirector xeral de Infraestruturas Agrarias, Francisco Paz, mantivo un encontro coa alcaldesa do concello ourensán de Porqueira, Susana Vázquez.
Na xuntanza abordáronse diferentes temas de interese para o rural deste municipio, especialmente no que atinxe á posta en valor do territorio a través dos diferentes instrumentos que facilita a Consellería do Medio Rural. Concretamente, valorouse a posibilidade de levar a cabo unha nova concentración parcelaria nos lugares de Paradela de Abeleda e Lovios.

Cómpre lembrar que o concello xa conta cunha parcelaria -a de Porqueira II- que mobilizou 712 hectáreas de terreo divididas en 2.053 parcelas -anteriormente eran 9.045- propiedade de 796 titulares, na que está prevista a entrega de títulos ao longo de 2024. Nesta liña, cabe sinalar que as concentracións parcelarias son unha ferramenta fundamental para paliar o minifundismo presente na nosa comunidade, dende o punto de vista da estrutura da propiedade. Tamén se puxo sobre a mesa a necesidade da mellora das diferentes infraestruturas rurais deste concello.

Saber máis · Descubre A Limia Porqueira 806 habitantes · 6 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser