Luns, 16 de novembro Xinzo 15° Garda: MARIA SOLEDAD RODRIGUEZ GARRIDO
Dende A Limia

​A Deputación mobiliza máis de 385.000 euros para cooperar con concellos, dinamizar iniciativas culturais e mellorar os recursos de emerxencias

2 min de lectura

Fonte
Dende A Limia
Publicada
2 feb.
Ver a noticia orixinal

A Deputación de Ourense aprobou un novo paquete de acordos por valor de 385.850,61 euros para apoiar aos concellos, impulsar a cultura e mellorar os servizos de emerxencias.

Axudas aos concellos

Un total de 210.850,61 euros destinaranse a varios concellos (Os Blancos, A Mezquita, Parada de Sil, Arnoia, Cartelle, Castrelo do Val e Quintela de Leirado) para necesidades como a mellora de vías públicas, renovación de instalacións deportivas, adecuación de locais de formación e emprego, e mellora de servizos sociais.

Fomento da cultura

Aproban as bases para subvencións a entidades sen ánimo de lucro para actividades culturais e recreativas en 2026, cunha dotación de 100.000 euros. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 20 de marzo de 2026.

Apoio a Protección Civil

Convocanse axudas por 75.000 euros para Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) en concellos de menos de 50.000 habitantes. O obxectivo é apoiar a preto de medio cento de agrupacións activas para reforzar a prevención e seguridade.

O presidente provincial, Luis Menor, destacou que Ourense é referente en emerxencias e que o voluntariado é clave para garantir tempos de resposta rápidos, especialmente nas zonas rurais.

Estas axudas aumentaron de 60.000 a 75.000 euros neste mandato para asegurar que vivir no rural non implique menor protección.

Actividades escénicas e musicais

Suspéndese a convocatoria de axudas para actividades escénicas e musicais de 2026 ao esgotarse o orzamento de 210.000 euros debido ao alto número de solicitudes.

PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser