Sorteo dos premios do concurso de tapas Patapas 2025 en Xinzo
O Concello de Xinzo de Limia celebrará o vindeiro luns, 22 de decembro, o sorteo público dos 3.000 euros en premios correspondentes ao concurso de tapas Patapas 2025.
O evento terá lugar ás 13:00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello.
Neste acto extraeranse as papeletas gañadoras, que foron depositadas polos veciños e visitantes que participaron na ruta de tapas durante o desenvolvemento do concurso. Tamén se dará a coñecer a tapa gañadora.
Fonte: www.dendealimia.com
