
“Nadal nos Pobos” leva a maxia das festas a 11 aldeas de Xinzo con música e teatro
- Fonte
- Dende A Limia
- Concello
- Xinzo de Limia
- Publicada
- 21 dec. 2025
O Concello de Xinzo de Limia pon en marcha a iniciativa “Nadal nos Pobos” para descentralizar a súa programación de Nadal e achegar a ilusión a 11 núcleos rurais do municipio. O obxectivo desta proposta itinerante, que se desenvolverá entre o sábado e o martes 23 de decembro, é vertebrar o territorio e permitir que os veciños e veciñas das aldeas poidan gozar de actividades culturais sen necesidade de desprazarse ao centro da vila.
Para levar a cabo esta iniciativa, o Concello conta coa colaboración do tecido asociativo local, con actuacións de animación escénica a cargo de Teatro Aneis e música proporcionada pola Agrupación Musical da Limia.
A ruta de “Nadal nos Pobos” comezou este sábado en Baronzás, Morgade, San Pedro e Laroá. A programación continuará o luns 22 de decembro en Rebordechá, Boado, Mosteiro e Ganade, e finalizará o martes 23 en Gudín, Parada e Piñeira Seca.
Saber máis · Descubre A Limia
Xinzo de Limia
9.699 habitantes · 20 parroquias
Coñecer o concello →


