
Proxecto "TECENDO REDES. COIDANDO-NÓS" amplía a súa ruta na Limia
- Fonte
- Dende A Limia
- Concello
- Porqueira
- Publicada
- 11 dec. 2025
O proxecto “TECENDO REDES. COIDANDO-NÓS”, co apoio da Fundación “la Caixa”, inicia a súa segunda fase cunha ampliación da súa ruta pola comarca da Limia. Esta iniciativa busca fortalecer o acompañamento, a vida comunitaria e o benestar das persoas maiores nos seus propios territorios, promovendo o seu envellecemento activo e a participación social.
Grazas a esta continuidade de apoio, a ruta da “Tecedoira” estenderase a máis aldeas e concellos da comarca. Nos primeiros meses desta nova etapa, xa se desenvolveron actividades en dous novos concellos: en Paradela de Abeleda (Porqueira), realizáronse obradoiros de plantas medicinais e sesións de autocoidado; e en Vilariño das Poldras (Sandiás), comezaron os obradoiros de memoria.
O obxectivo principal do proxecto é promover o mantemento das persoas maiores na súa vivenda e contorna habitual, ofrecendo servizos itinerantes informativos, de atención básica, terapéuticos e preventivos, así como de dinamización comunitaria. Buscase fomentar a autonomía, os hábitos de vida saudable e evitar o illamento e a soidade non desexada.
Con esta nova fase, “TECENDO REDES. COIDANDO-NÓS” consolídase como unha iniciativa clave para garantir o dereito das persoas máis vulnerables a permanecer no seu contorno, mantendo a súa autonomía e benestar baixo o lema: “Coidarme, Coidarte, Coidarnos”.
Saber máis · Descubre A Limia
Porqueira
806 habitantes · 6 parroquias
Coñecer o concello →


