Galicia reforza as medidas contra a influenza aviaria
A Consellería do Medio Rural anuncia medidas preventivas, coordinadas co Ministerio de Agricultura, para protexer as explotacións avícolas galegas ante o aumento de casos de influenza aviaria. As normas entran en vigor o 10 de novembro.
Nas Zonas de Especial Risco (ZER) e Zonas de Especial Vixilancia (ZEV) de Galicia, definidas na Orde APA/2442/2206, prohíbese a cría de aves de curral ao aire libre (salvo con bioseguridade), a cría conxunta de patos e gansos con outras aves, e o uso de Anseriformes e Charadriiformes como reclamos cinexéticos.
Tamén se prohibe dar auga ás aves de curral de fontes accesibles a aves silvestres (agás con tratamento de inactivación do virus), e a presenza de aves en centros de concentración animal, salvo autorización excepcional tras avaliación de risco.
Estas medidas xa estaban en vigor nos 11 concellos ZER (A Illa de Arousa, Cambados, O Grove, Meaño, Ribadumia, Sanxenxo, Vilanova de Arousa, Xove, Cerceda, Ordes e Tordoia) e agora refórzanse para as ZEV (Cariño, Dumbría, Mazaricos, Ortigueira, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Vimianzo e Zas, Ribadeo e Trabada, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Vilar de Santos e Xinzo de Limia, A Guarda, Marín, Meis, Moaña, Poio, Pontevedra, Redondela, O Rosal, Soutomaior, Tomiño, Tui, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa).
A decisión baséase nun aumento de casos en aves silvestres e de curral en España e Europa. En Galicia detectáronse 9 focos en aves silvestres dende o 1 de xullo ata o 5 de novembro.
Medio Rural insiste en reforzar as medidas de bioseguridade, especialmente o contacto con aves silvestres, e comunicar calquera sospeita da enfermidade.
Fonte: www.dendealimia.com
