
A Deputación apoia a II Feira da Saúde e o Benestar Familiar (Expofamilia)
- Fonte
- Dende A Limia
- Concello
- Xinzo de Limia
- Publicada
- 8 ago. 2025
A Deputación de Ourense apoiará a II Feira da Saúde e o Benestar Familiar (ExpoFamilia), que terá lugar os días 13 e 14 de setembro en Expourense. O presidente provincial, Luis Menor, reuniuse cos organizadores, Manuel Antonio Fernández e Tania Cardenal, e comprometeu o apoio da Deputación na organización e difusión do evento, que busca fomentar hábitos saudables e o benestar familiar. Esta iniciativa, que comezou o ano pasado en Xinzo de Limia, amplíase este ano a toda a provincia.
Saber máis · Descubre A Limia
Xinzo de Limia
9.699 habitantes · 20 parroquias
Coñecer o concello →
