Desaparecido en Xinzo de Limia: Javier P.R. está desaparecido dende o sábado. A Garda Civil informa de que foi visto por última vez o sábado arredor das 11:30 na zona da Finca da Condesa, no cruce coa rúa Regueiro, en Xinzo. O seu teléfono está apagado dende entón.

A familia denunciou a desaparición o domingo. A Garda Civil solicita aos propietarios das fincas da zona que revisen as súas propiedades. Cinco patrullas da Garda Civil están na súa busca, utilizando un dron. Protección Civil tamén foi alertada.

Solicítase a colaboración cidadá para atopar a Javier.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA