
Medio Rural inviste case 15 millóns na modernización do regadío da Limia
- Fonte
- Dende A Limia
- Publicada
- 2 xuño 2025
A Consellería do Medio Rural reafirma o seu compromiso coa comarca da Limia, destinando case 15 millóns de euros á modernización do seu regadío. A conselleira María José Gómez reuniuse cos alcaldes de Xunqueira de Ambía, Porqueira, Baltar, Os Blancos, Sarreaus e Trasmiras na Delegación Territorial da Xunta en Ourense para avaliar os avances.
Destacouse a sinatura dun convenio de 8 millóns coa Comunidade de Regantes Nova Limia ata 2032, que se suma a outros 7 millóns investidos previamente. As actuacións inclúen a construción de 42 pozos e a instalación de grupos de bombeo e electrificación. Tamén se abordou a necesidade de limpeza das canles, remitindo a documentación ao Ministerio.
Ademais, a Xunta impulsou a mobilización de máis de 16.600 hectáreas de terra mediante concentracións parcelarias e polígonos agroforestais nestes concellos.


