A Deputación de Ourense destina 240.000 euros a axudas para maiores e concellos
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou unha partida de 240.000 euros, destacando unha nova liña de axudas de 100.000 euros para o aluguer de axudas técnicas e adaptación de vivendas de persoas maiores de 65 anos.
Esta axuda está dirixida a persoas maiores de 65 anos empadroadas en concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, propietarias, usufructuarias ou arrendatarias de vivendas que precisen adaptación ou aluguer de axudas técnicas. O obxectivo é facilitar a autonomía e permanencia no fogar, mellorando a calidade de vida.
As solicitudes poderán optar a unha subvención máxima de 2.000 euros, sen superar o 100% do gasto. O prazo de presentación é de 1 mes dende a publicación no BOP. As axudas concederanse por orde de solicitude.
Ademais, aprobáronse 40.000 euros para a reposición de pavimento en Veiga de Nostre (Castrelo do Val) e 100.000 euros para equipamento do Centro de Día de Vilamarín.
Tamén se aprobaron modificacións no destino de partidas do Plan CooperOU solicitadas pola Entidade Menor de Berán, o Concello da Gudiña e o Concello de Taboadela.
Fonte: www.dendealimia.com