
NOTICIAS A LIMIA | Baltar e Calvos de Randín intégranse formalmente na agrupación transfronteiriza que impulsará a “Raia Seca”
- Fonte
- Diario do Limia
- Concello
- Baltar
- Publicada
- 7 maio 2025
No Centro Cultural “Marcos Valcárcel” de Ourense, asináronse os estatutos e o convenio da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Raia Seca e Gerês-Xurés.
O acto, presidido por Luis Menor (Deputación de Ourense) e Diego Calvo (Xunta de Galicia), contou coa presenza de representantes de municipios galegos e de cámaras intermunicipais portuguesas do Alto Minho, Alto Támega e Barroso, e Cávado.
Luis Menor destacou a importancia da AECT para mellorar servizos, loitar contra a despoboación e vertebrar o territorio, enmarcándoa na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
Diego Calvo resaltou o valor simbólico da cooperación transfronteiriza. Manoel Batista (Cámara Intermunicipal do Alto Minho) subliñou o intenso traballo conxunto para lograr este acordo.
A Deputación de Ourense colaborará coa Xunta en proxectos de acción ambiental e ecoturismo no marco do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza de España e Portugal (Poctec).
Saber máis · Descubre A Limia
Baltar
849 habitantes · 7 parroquias
Coñecer o concello →


