Luns, 9 de novembro Xinzo 15° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Diario do Limia

A Xunta reforza a Estratexia contra a soidade non desexada con 145 millóns de euros

1 min de lectura

Fonte
Diario do Limia
Publicada
6 maio 2025
Ver a noticia orixinal

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou un reforzo da Estratexia contra a soidade non desexada, aprobada polo Consello da Xunta, co obxectivo de abordar este “desafío social” ligado ao aumento da esperanza de vida. A estratexia conta con máis de 145 millóns de euros de investimento.

A estratexia, detallada pola conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, articúlase en catro eixos: detección, sensibilización, prevención e intervención.

Entre as medidas clave, destacan a creación de redes de apoio local (comercios, bares, farmacias, etc.) para detectar casos de illamento, a elaboración dun protocolo e censo para identificar situacións de soidade, o uso do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) como ferramenta de detección, e a posta en marcha dun servizo multicanle de atención específica en colaboración coa Cruz Vermella, que fará seguimento de casos e habilitará puntos de atención presenciais, comezando cun piloto con mil persoas maiores de 65 anos.

Outras accións inclúen campañas de sensibilización, programas interxeracionais, rutas culturais, apoio dixital para maiores e fomento de vivendas compartidas.

PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser