Luns, 9 de novembro Xinzo 15° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Dende A Limia

Resumo da Entrada

3 min de lectura

Fonte
Dende A Limia
Concello
Xinzo de Limia
Publicada
21 mar. 2025
Ver a noticia orixinal

O sector primario e a comunidade agrogandeira reuniranse o 26 de marzo en Xinzo para celebrar os Premios Semente, que buscan premiar a innovación, sustentabilidade, tradición e o impacto social de iniciativas galegas relacionadas co trigo e a pataca. O alcalde de Xinzo, Amador Díaz, explicou que os premios nacen para recoñecer o traballo de agricultores e empresas que destacan na investigación, proxectos de traxectoria e gastronomía. Os premios abarcan toda Galicia e contan con 10 categorías, ademais dun Premio Especial Semente 2025 outorgado polo Concello de Xinzo. O xurado está composto por colaboradores como universidades, sindicatos, IXPs, Inorde e o Concello. Os premios están dirixidos a produtores, elaboradores e empresas galegas.


Premios Semente 2025 en Xinzo: Recoñecemento ao Sector Primario Galego

O sector primario e a comunidade agrogandeira, reuniranse o mércores 26 de marzo en Xinzo, para celebrar os Premios Semente.

Con eles pretendese premiar a innovación, sustentabilidade, tradición e o impacto social das distintas iniciativas levadas a cabo a nivel galego.

Esta maña Dendealimia reuniuse con Amador Díaz, alcalde de Xinzo, para que nos contara un pouco mais sobre estes premios e que deu orixe a esta celebración.

Como nace o Premio Semente?

O Premio Semente nace ca idea de recoñecer o traballo dos agricultores, e das empresas galegas que están facendo unha labor encomiable. Ben sexa en investigación, ben sexa en proxectos de traxectoria, ben sexa gastronómicamente.

O que pretendemos é que dous cultivos, que ao igual que moitos teñen premios, como ten o viño, como ten calquera denominación, como ten calquera IXP, que non tiñan un recoñecemento. A idea é que poñer en valor ese traballo que están facendo, tanto os produtores, coma proxectos de investigación, ou proxectos que foron levados adiante a base de, pois neste caso, dous cultivos que están abandonados a nivel galego.

Os premios abarcan toda a xeografía galega, na cal se leven a cabo traballos relacionados co trigo e a pataca. Haberá 10 categorías premiadas:

  • Excelencia Innovadora (empresas ou profesionais que destaquen pola súa capacidade de innovación no ámbito do cultivo de cereais e patacas.)
  • Traxectoria Empresarial (empresas con traxectoria e logros destacados no sector.)
  • Muller Rural (profesionais ou empresas do sector da pataca e cereal lideradas por mulleres.)
  • Compromiso Ambiental (profesionais ou empresas que destaquen pola súa responsabilidade co medio ambiente e polas súas boas prácticas ambientais.)
  • Produto Local do Ano (profesionais ou empresas que conseguiron lanzar ao mercado un produto novo e orixinal elaborado a base de patacas ou cereais.)
  • Investigación Agraria (profesionais ou empresas cuxo traballo destaca pola súa investigación na mellora dos procesos agrícolas da pataca e dos cereais.)
  • Proxecto Gastronómico (cociñeiros, restaurantes ou iniciativas culinarias que destaquen polo seu uso creativo, sostible e comprometido da pataca e dos cereais.)
  • Repercusión Local (empresas ou profesionais cun alto nivel de recoñecemento local como xeradores de emprego.)
  • Divulgación de Valores Rurais (empresas ou profesionais de calquera sector comprometidos coa difusión e concienciación dos valores do rural.)
  • Xove Emerxente (profesionais menores de 30 anos cuxa actividade no sector agrícola da pataca e dos cereais mereza un recoñecemento.)
  • Premio Especial Semente 2025 (que o otorga o organizador, o Concello de Xinzo)

Como todos os premios precisan un xurado, neste caso nos Premios Semente, estará composto por todos os colaboradores, tales como as universidades, sindicatos, IXPs, Inorde e o Concello.

Estes premios non so van dirixidos aos produtores, senón tamén aos elaboradores, empresas , proxectos. A materia prima ten que ser de Galicia, falase dun produto galego.

Para máis información: https://www.premiosemente.com/

Saber máis · Descubre A Limia Xinzo de Limia 9.699 habitantes · 20 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser