← Volver Antela FC

A maldición do Monte da Aira para o Antela

A maldición do Monte da Aira para o Antela

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O 21 de marzo de 2004, na 28ª xornada da Liga de Preferente Sur, o Velle e o Antela, ambos loitando pola permanencia (que finalmente lograron), protagonizaron un encontro memorable. Ao cuarto de hora, o Velle gañaba 2-0, pero Piñeiro recortou a diferenza cun penalti e, ao pouco de comezar a segunda parte, Tito Currás empatou o partido. Sierra anotou o gol da vitoria para o Antela no minuto 77, tras unha xogada de Fabián, sendo expulsado dous minutos despois. «A apatía local permite a remontada do Antela», titulou La Voz de Galicia. Unha vitoria agardada, xa que o Antela levaba 21 anos sen gañar no campo do Velle, a última vez sobre terreo de terra.

Desde entón, e ao longo de 22 tempadas, Velle e Antela enfrontáronse 11 veces. En 2011, o Monte da Aira cambiou a superficie a céspede artificial. Antes, nos catro encontros disputados sobre terra, o resultado foi sempre un empate: 3-3 na campaña 04/05 (na que ambos descenderon); e 1-1 nos seguintes encontros, sempre en outubro, de 2005, 2006 e 2008.

Na década dos 2010, ambos clubs tocaron fondo na Segunda Autonómica, aínda que non coincidiron. Volveron a enfrontarse no Monte da Aira en xaneiro de 2014, con vitoria para o Velle por 3-0. Desde 2008, o Antela non sumaba ningún punto en Velle; máis de dezaseis anos sen conseguir un só punto.

Na segunda década do século XXI, o Antela encaixou cinco derrotas ante o Velle, recibindo 14 goles e anotando só 3. As derrotas producíronse en maio de 2015 (2-1), abril de 2016 (3-0), febreiro de 2017 (5-0), setembro de 2017 (2-1) e febreiro de 2019 (2-1 tras unha remontada local). Ambos ascenderon a Preferente na tempada 17/18, pero a tendencia mantívose.

Na pasada tempada en Preferente, tras un rotundo 4-0 na Moreira, o partido da segunda volta, na penúltima xornada, foi crucial para a salvación do Antela (o Velle xa estaba descendido). O partido rematou 4-2 para o Velle, tras unha remontada do Antela que chegou a recortar ata o 3-2.

Ata o 12 de maio de 2024, o Monte da Aira era un campo maldito para o Antela. Este domingo, o encontro presentase como o máis importante da tempada para os limianos.

A última vez que o Antela gañou no Monte da Aira, a alineación era: Emilio, David Hermida, Willy, Fabián, Tito Currás, Neil, Sierra, Piñeiro, Marcos, Pichi e Vila. Tamén xogaron Martiñá e Esteban. Despois dese encontro, o Antela empatou co Gran Peña, gañou ao Maside e empatou co Nogueira antes de pechar a liga cun 3-2 ante o Choco que lle deu a permanencia.

Fonte: antela.fala.gal

Ver noticia completa
ACTUALIDADE Antela FC fútbol Historia Primeiro equipo
Tamén che pode interesar
O Antela ficha a Musa Dambelleh para cubrir a baixa de Iñaki Bellido
Antela FC O Antela ficha a Musa Dambelleh para cubrir a baixa de Iñaki Bellido
O Antela FC vén de incorporar ao dianteiro Musa Dambelleh Danso, de 19 anos, para reforzar o equipo ata o final da tempada. O xogador chega para cubrir a praza que deixou libre Iñaki Bellido, quen causou baixa definitiva por lesión durante o resto do curso. Musa Dambelleh ten experiencia en varios clubs de formación e categorías superiores: Procedencia: canteira do Burgos (Liga Nacional). Traxectoria: formouse no Badalona e no Sant Andreu, pasou polo Granada C.F. e xogou en Segunda RFEF co A…
1 de octubre de 2026 1 min lectura
Antela FC
Antela FC O C.D. Barco e o Antela empatan (1-1) nun derbi marcado pola falta de acerto e unha gran actuación do porteiro
O Barco e o Antela empataron a un gol no último derbi. O partido destacou pola falta de puntería dos visitantes e pola intervención clave do porteiro antelán, Bruno Pío, que detivo un penalti. O adestrador do C.D. Barco, Agustín Ruiz, sinalou que o seu equipo mereceu gañar con folgura na segunda parte: "Fixo méritos para marcar tres ou catro goles". Ruiz recoñeceu que a falta de acerto está a limitar os puntos do equipo, que debería levar 18 na clasificación se tivese materializado as ocasións …
15 de octubre de 2026 2 min lectura
Antela FC
Antela FC O Antela recibe ao Portonovo este domingo nun duelo crucial pola parte alta
O Antela e o Portonovo enfróntanse este domingo ás 17:00 horas no campo da Moreira, nun partido vital para manterse na zona nobre da clasificación. O equipo local, adestrado por Bruno Gómez, afronta o choque con varias baixas importantes e a necesidade de recuperar o seu mellor xogo tras empatar a última xornada. As principais novidades e situación do cadro son: Baixas confirmadas: Carlos González. Dúbidas por lesión: Gastón e Bruno Pío, dous xogadores fundamentais no esquema defensivo e orga…
17 de octubre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser