Catro nenos feridos leves tras un accidente de tráfico en Trasmiras
Catro menores con necesidades especiais resultaron feridos de carácter leve tras chocar este mércores un turismo e un taxi. O sinistro tivo lugar arredor das 09:01 horas na estrada OU-1107, ao seu paso por Trasmiras. O accidente ocorreu no punto quilométrico 11 cando un turismo perdeu o control nunha curva e impactou contra un taxi que levaba os alumnos cara a un centro de educación especial. Tras o golpe, o taxi saíu da vía e quedou envorcado sobre o teito no arcén. Os servizos de…











