← Volver Dende A Limia

Presentado o campionato nacional de Parapente a celebrar en Baltar

Presentado o campionato nacional de Parapente a celebrar en Baltar

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Esta mañá na sede da Xunta de Galicia en Ourense foi presentada a 36ª edición do Campionato de España de Parapente 2024, que se desenvolverá na serra do Larouco, concello de Baltar, do 14 ao 20 de xullo.
Estiveron na presentación ademais do delegado territorial da Xunta, o alcalde de Baltar José A. Feijoó e membros do comité organizador do club de Parapente de Baltar.

O representante do Goberno galego recalcou a intención de consolidar a nosa provincia como un destino ambiental, social e economicamente sostible procurando a responsabilidade de todos os axentes no desenvolvemento equilibrado e a longo prazo. Salientou, ademais, a importancia dos produtos asociados ao turismo activo e recordou que, para seguir avanzando na súa posta en valor, o Goberno autonómico traballa na elaboración da futura folla de ruta do turismo de Galicia, a Estratexia do Turismo de Galicia 2024-2030 da man da sustentabilidade e dixitalización, entre outros aspectos.
Esta proba é a primeira vez que se desenvolve en Galicia e por suposto na serra do Larouco en Baltar.
Na mesma participan 135 pilotos de toda España, o máximo nº de participantes que permiten as normas do campionato.
A Serra do Larouco está situada entre o Concello de Baltar (España) e o Municipio de Montalegre (Portugal). Esta cadea montañosa granítica  esténdese ao longo de 10 km de NE a SW ofrecendo unhas excelentes condicións para o voo de Cross. Alcanza os 1.525 metros no seu punto máis alto (despegue) e ofrece a posibilidade de despegues en todas as configuracións: N,S,E e W.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Festival de fin de curso e homenaxe á comarca no CEIP de Baltar
Dende A Limia Festival de fin de curso e homenaxe á comarca no CEIP de Baltar
O alumnado do CEIP de Baltar celebrou o seu festival de fin de curso con unha xornada protagonizada por actividades artísticas e un acto de homenaxe á comunidade local. O evento incluiu obras de teatro, dirixidas polo profesional Xosé Manuel Martínez ("Manolo"), e actuacións musicais por parte dos estudantes. Un dos puntos máis significativos da celebración foi a dedicación de cinco portas do colexio a figuras influyentes da comarca da Limia. Estas portas foron decoradas polo grafiteiro de Verí…
18 de junio de 2026 1 min lectura
Revitalización do Mosteiro de Trandeiras: Presentación de 16 proxectos arquitectónicos
Dende A Limia Revitalización do Mosteiro de Trandeiras: Presentación de 16 proxectos arquitectónicos
O Concello de Xinzo de Limia presentou oficialmente 16 proxectos arquitectónicos destinados á posta en valor e revitalización da contorna do Mosteiro de Trandeiras. Estas propostas son o resultado dun convenio de colaboración co Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia (CESUGA) e foron desenvolvidas polo alumnado de Arquitectura como Traballos de Fin de Grao. As propostas, que inclúen ideas para a creación dun Centro de Interpretación e Estudos, estarán expostas ao público na Casa…
15 de junio de 2026 2 min lectura
María Carmen Gómez García gana o III Certame Literario Antón Tovar
Dende A Limia María Carmen Gómez García gana o III Certame Literario Antón Tovar
O Padroado do Museo da Limia comunicou o resultado do III Certame Literario Antón Tovar, no que o xurado decidiu, por unanimidade, premiar o poema “Raiz de pereira” de María Carmen Gómez García. A autora, profesora xubilada de Lingua Galega e Literatura con longa traxectoria na comarca, recibirá un premio de 600 euros e a publicación da súa obra na revista Tempos Novos. A entrega do galardón terá lugar o sábado 20 de xuño ás 19:30 horas no Museo da Limia. O acto contará cun programa que inclúe …
15 de junio de 2026 1 min lectura