← Volver Dende A Limia

O S.Andrés en Baronzás dentro de 7 días

O S.Andrés en Baronzás dentro de 7 días

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Un ano máis o pobo de Baronzás, como moitos do concello celebra o S. Andrés. O sábado 15 celebrarase    no campo de fútbol o «Desafío entre aldeas» a partir das 17 h. Ao remate ademais da entrega de premios haberá unha pancetada popular coa animación da charanga Galiqueños.

O domingo 16 comezará coa alborada, a procesión e misa e rematará coa actuación de Airiños D´Antela na Casiña do Pobo.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Remata o ciclo de actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas coa animación a lectura na Biblioteca Antelana
Dende A Limia Remata o ciclo de actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas coa animación a lectura na Biblioteca Antelana
Contacontos en Xinzo de Limia no marco das Letras Galegas 2026 O alumnado do CEIP Rosalía de Castro participou nunha sesión de contacontos inspirada na obra O bosque animado, de Wenceslao Fernández Flórez. A actividade foi dirixida e escenificada polos voluntarios colombianos da Biblioteca Pública Antelana, Eduin Arias Ruiz e Alejandra Gómez Gómez, cun obxectivo de fomentar o interese pola lectura e a literatura mediante a narración oral e a interpretación escénica. Esta iniciativa forma parte…
22 de mayo de 2026 1 min lectura
As alcaldías de Oimbra, O Riós, Porqueira e San Xoán de Río únense á economía circular glocal
Dende A Limia As alcaldías de Oimbra, O Riós, Porqueira e San Xoán de Río únense á economía circular glocal
No marco do encontro internacional Rural University Hub, celebrado en San Xoán de Río, as alcaldías de Oimbra, O Riós, Porqueira e San Xoán de Río, xunto á Fundación Finnova, asinaron o Manifesto Internacional pola Economía Circular Glocal. Esta iniciativa, que ten orixe en Ibagué (Colombia), busca promover a economía circular como unha ferramenta clave para xerar oportunidades económicas, protexer o medio ambiente e fortalecer a cohesión social nos territorios rurais. O acordo pretende situar …
9 de junio de 2026 2 min lectura
A Asociación Algaria doa 500 euros en alimentos ao Banco de Alimentos de Xinzo
Dende A Limia A Asociación Algaria doa 500 euros en alimentos ao Banco de Alimentos de Xinzo
A Asociación Algaria, colectivo dedicado á defensa e promoción dos dereitos das persoas con mobilidade reducida, realizou unha nova doazón de 500 euros en produtos non perecedoiros (leite e aceite) ao Banco de Alimentos municipal de Xinzo. Este contributo provén dos fondos dunha rifa organizada de cara ao Sorteo de Nadal de 2025. Ante o feito de quedar deserto o premio previsto, a asociación decidiu reinvestir o importe íntegro en alimentos básicos para axudar ás familias con menos recursos da …
2 de junio de 2026 1 min lectura