Domingo, 8 de novembro Xinzo 11° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Dende A Limia

Comezan en Ourense as campañas de protección dos maiores e dos máis cativos fronte aos virus

2 min de lectura

Fonte
Dende A Limia
Publicada
25 set. 2023
Ver a noticia orixinal

Hoxe luns da comezoU nos tres hospitais públicos de Ourense, Verín e Valdeorras, a primeira campaña de inmunización contra o virus respiratorio sincitial (VRS) en bebés, no marco do novo “Calendario de inmunización ao longo de toda a vida” e a dos máis de 6.000 maiores, que viven en residencias, da Gripe e da Covid, esta última por vez primeira incluída xa no calendario estacional.
Campaña COVID-GRIPE
O inicio da campaña de vacinación covid-Gripe será secuencial para favorecer a priorización dos colectivos con maior risco. Así, as persoas residentes en centros de maiores e de discapacidade serán vacinadas a partir de hoxe no seu centro.
Ademais os Servizos de atención primaria administrarán, nas cabeceiras de comarca, a vacina fronte a gripe e a covid-19 ás persoas de 80 e máis anos, que serán citadas proactivamente mediante unha mensaxe de texto. Así mesmo, vacinaranse a domicilio ás persoas inmobilizadas que pertenzan aos grupos diana.
Ao longo do mes de outubro habilitaranse de novo os punto de vacinación central grandes recintos,  en Expourense e nos hospitais de Verín e Valdeorras  para a vacinación conxunta fronte á gripe e a covid-19 dos menores de 80 anos, que serán citadas de forma proactiva mediante unha mensaxe de texto.

PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser