
FOTOGALERÍA | Últimos estralos de castañas en Porqueira, Rairiz e Xinzo
- Fonte
- Diario do Limia
- Concello
- Porqueira
- Publicada
- 18 nov. 2024
As brasas volveron arder en moitas localidades da bisbarra esta fin de semana para festexar o magosto.
A asociación “A Pantalla” organizou o seu na Praza do Ovo da vila; ademais das castañas, tiñan preparado un porco ao espeto. Tamén en Xinzo de Limia, o Bloque Nacionalista Galego celebrou un magosto ao redor da súa sede.
Nas terras de Porqueira tiveron festexos en San Lourenzo, Xocín e Paradela. Á veciñanza de San Lourenzo botóuselles a noite enriba e acabaron preparando unha queimada para botar fóra a friaxe.
E en Rairiz de Veiga montaron unha boa festa coa súa foliada á conta do magosto. Alí repartiron 150 quilogramos de costilla e 40 de chourizos entre as case 250 persoas que asistiron ao magosto.
Saber máis · Descubre A Limia
Porqueira
806 habitantes · 6 parroquias
Coñecer o concello →


