← Volver Diario do Limia

Abrese o prazo de inscrición do quinto concurso «Xinzo en flor»

Abrese o prazo de inscrición do quinto concurso «Xinzo en flor»

Fotografía de arquivo. A Limia News.

10 de julio de 2024, 19:08

O Concello de Xinzo de Limia convoca a toda a cidadanía a participar no «5º Concurso de Embelecemento de Balcóns e Xanelas XINZOENFLOR 2024». Este concurso ten como obxectivo principal premiar os esforzos dos veciños e veciñas polo embelecemento dos seus balcóns e xanelas, contribuíndo así á mellora da calidade ambiental e estética da vila e dos pobos. Esta iniciativa tamén busca fomentar o interese da cidadanía por coidar os espazos públicos.

Participantes

O concurso está aberto a todos os habitantes do concello de Xinzo de Limia.

Inscrición

Para inscribirse, os participantes deben entregar o impreso de solicitude cuberto cos seus datos a través de calquera dos seguintes medios:

Descargándoo da web do Concello (www.xinzodelimia.gal) e enviándoo por correo electrónico ao enderezo: [email protected].
Presencialmente nas dependencias do Concello, no primeiro andar en INFORMACIÓN.

O prazo de inscrición rematará o luns 29 de xullo de 2024 ás 23:59h. Repartirase unha planta por vivenda por rigorosa orde de inscrición, ata fin de existencias.

Fonte: diariodolimia.gal

Ver noticia completa
Diario do Limia prensa local xinzo
Tamén che pode interesar
Hallado morto un home de uns 50 anos en Xinzo de Limia
Diario do Limia Hallado morto un home de uns 50 anos en Xinzo de Limia
Un home de aproximadamente 50 anos de idade foi atopado sen vida no seu domicilio, situado na calle Sargento Rodríguez, número 2, en Xinzo de Limia. O descubrimento produciuse despois de que un familiar diera a voz de alarma aos servizos de urxencia ao notar a súa ausencia. Tras o aviso, os equipos sanitarios confirmaron o óbito no lugar. Aínda que ao domicilio trasladáronse diversos servizos de seguridade e efectivos da Policía Xudicial para coordinar as actuacións, os primeiros indicios apunt…
27 de mayo de 2026 1 min lectura
Estudantes de 4º da ESO do IES Lagoa de Antela compiten no programa Parlamento Xove
Diario do Limia Estudantes de 4º da ESO do IES Lagoa de Antela compiten no programa Parlamento Xove
Estudantes do IES Lagoa de Antela participan no Parlamento Xove Catro alumnos de 4º da ESO do IES Lagoa de Antela, de Xinzo de Limia —Candela, Carlos, Nerea e Rodrigo— participaron os días 11 e 12 de xuño no programa de debate Parlamento Xove, unha iniciativa da Xunta de Galicia. Tras clasificarse na primeira rolda celebrada en febreiro no Carballiño, o grupo competiu nos cuartos de final no Albergue de Gandarío (Sada) contra o CPR Santiago Apóstolo. O tema central do debate foi a necesidade o…
12 de junio de 2026 1 min lectura
Cortes de tráfico na N-525 en Xinzo de Limia por obras de asfaltado
Diario do Limia Cortes de tráfico na N-525 en Xinzo de Limia por obras de asfaltado
O Concello de Xinzo de Limia anunciou unha serie de cortes de tráfico na travesía da N-525 debido aos traballos de execución de aglomerado impreso e asfaltado que se están a realizar na localidade. As afectacións desenvolveránse desde o sábado 30 de maio ata o venres 5 de xuño, divididas en dúas fases: Fin de semana do 30 e 31 de maio: Corte no tramo á altura da Praza Maior para realizar tarefas de aglomerado impreso. Do 1 ao 5 de xuño: Ampliación dos cortes en dous puntos: Peche …
29 de mayo de 2026 1 min lectura