← Volver Dende A Limia

O fin de curso máis especial á beira da casa

O fin de curso máis especial á beira da casa

Fotografía de arquivo. A Limia News.

A emoción foi protagonista ó longo de toda a semana e chegou ó punto álxido na véspera da visita do alumnado do colexio de Sarreaus ó albergue do Pobo-escola. Ata custou conciliar o sono na noite anterior. Poderiamos estar falando dos nenos e nenas do colexio pero non, falamos do equipo educativo do CDR. Recibir ó alumnado do colexio veciño é o maior dos retos e a máis grande satisfacción. Cadrar cas familias ó longo da semana e escoitar como o Ander xa tiña preparada a linterna é o que lle da sentido a todo.
Escoitar á Lucía e á María ó chegar, case histéricas, que era a primeira vez que ían durmir sen os pais no cuartro contiguo e que confiaban en manterse espertas toda a noite é algo que non se olvida. Xuntar ó Pablo, ó Antón, ó Enzo, á Antonella, ó Iago e á Sofía arredor de catro simples ingredientes para crear a masa dunha “lodosela” é a felicidade. Ver ó Diego, ó Ian, ó Isma, á Noa e á Uxía enzoufados de salsa de tomate facendo unha pizza para cear é a felicidade. Estar co Álex, ca Laura e ca Xiana desfacendo lévedo coas maus discretamente lavadas é a felicidade. Ver ó Iker e ó Adrián coidar e dirixir ós seus grupiños como capitáns é a felicidade. Ver ó Hamza presumindo de coñecer Lodoselo cos ollos pechados é a felicidade. Ver como á Nora lle importa tanto que os compañeiros e compañeiras de menos idade poidan falar é a felicidade.

E ver como lle chegan reforzos o día seguinte co Andrés á cabeza, tamén é a felicidade. Porque o amor tamén é o coidado que poñemos no que facemos con entusiasmo.Que os nenos e nenas do colexio de Sarreaus veñan convivir a Lodoselo significa que os pobos teñen vida, e teñen futuro. Esta actividade foi posible grazas á Asociación de Nais e Pais do alumnado e ó financiamento obtido da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia na subvención destinada á realización de programas de interese social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF, dentro do programa O NOSO ESPAZO.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
A Deputación de Ourense aprueba máis de 220 mil euros para deporte, protección animal e cooperación municipal
Dende A Limia A Deputación de Ourense aprueba máis de 220 mil euros para deporte, protección animal e cooperación municipal
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou un conxunto de acordos por un total de 220.397,81 euros. Estas axudas están destinadas principalmente ao fomento do deporte, o apoio á protección animal e o reforzo de infraestruturas nos distintos concellos da provincia. Fomento do deporte de base A institución destinará 20.000 euros a unha nova liña de subvencións para a formación de técnicos e monitores deportivos. O obxectivo é apoiar a cualificación profesional das persoas vinculadas aos…
1 de junio de 2026 2 min lectura
As alcaldías de Oimbra, O Riós, Porqueira e San Xoán de Río únense á economía circular glocal
Dende A Limia As alcaldías de Oimbra, O Riós, Porqueira e San Xoán de Río únense á economía circular glocal
No marco do encontro internacional Rural University Hub, celebrado en San Xoán de Río, as alcaldías de Oimbra, O Riós, Porqueira e San Xoán de Río, xunto á Fundación Finnova, asinaron o Manifesto Internacional pola Economía Circular Glocal. Esta iniciativa, que ten orixe en Ibagué (Colombia), busca promover a economía circular como unha ferramenta clave para xerar oportunidades económicas, protexer o medio ambiente e fortalecer a cohesión social nos territorios rurais. O acordo pretende situar …
9 de junio de 2026 2 min lectura
Delegación catalá visita Galicia para intercambiar aprendizaxes sobre o relevo xeracional agrario
Dende A Limia Delegación catalá visita Galicia para intercambiar aprendizaxes sobre o relevo xeracional agrario
Esta semana, unha delegación de Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) e responsables da xestión agrogandeira da Generalitat de Cataluña visitan Galicia co obxectivo de intercambiar experiencias sobre o relevo xeracional no sector agrario e a mobilización de terras, explotacións e vivendas para fomentar o regreso ao medio rural. Este encontro desenvolveuse no marco do proxecto “Nó Rural”, liderado por Seitura 22 en colaboración con varios GDR galegos (Limia-Arnoia, Terra Chá, Galicia Suroeste Eu…
1 de junio de 2026 2 min lectura