Domingo, 8 de novembro Xinzo 11° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Dende A Limia

Porqueira, único concello da Limia que a ten unha bandeira verde

3 min de lectura

Fonte
Dende A Limia
Concello
Porqueira
Publicada
21 out. 2023
Ver a noticia orixinal

A Xunta reafirma o seu compromiso co fermosismo coa concesión da Bandeira Verde de Galicia a 18 concellos  e coa inclusión no proxecto de orzamentos do vindeiro ano dunha partida de 2 millóns de euros para a concesión de axudas para corrixir impactos paisaxísticos. Así o subliñou a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante o acto de entrega destes distintivos que tivo lugar, onte, na localidade ourensá de Porqueira.

Conselleira e alcaldesa

Logo de lembrar que este distintivo ten por obxecto enxalzar as boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe, a vicepresidenta segunda, que estivo acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, salientou que cada vez son máis os concellos que se suman a esta iniciativa. Se na súa primeira edición -2020- se entregaron 2 bandeiras verdes, este ano son 18 os municipios distinguidos, 3 máis que o pasado 2022.
Nesta ocasión, os concellos de Burela, A Illa de Arousa, Oleiros, Porqueira e Sanxenxo son galardoados por primeira vez e os de Alfoz, Cervo, Curtis, A Laracha, Moaña, Mondoñedo, Muros, Ordes, Outeiro de Rei, Parada de Sil, Porto do Son, Ribeira e Sober revalidan este distintivo que outorga visibilidade a estes municipios como territorios responsables.
Nesa liña, a vicepresidenta segunda animou a todos os municipios a presentarse a este galardón que pretende sumar e reflectir o esforzo que as entidades locais están facendo polo futuro de Galicia, grazas a accións e boas prácticas para ordenar o territorio, protexer o medio ambiente e a paisaxe; para afrontar o cambio climático e mellorar a eficiencia enerxética; para xestionar de xeito responsable os residuos municipais, e para sensibilizar a cidadanía nesta materia.
A maiores, a concesión deste recoñecemento supón, ademais, un mérito para a obtención de subvencións en materia de patrimonio natural. E, como novidade desta edición, tamén para a obtención de axudas autonómicas en materia de residuos para construír e mellorar puntos limpos fixos, implantar instalacións móbiles ou impulsar proxectos de preparación para a reutilización.
Durante a súa intervención, Ángeles Vázquez incidiu en que o Goberno galego manterá en 2024 a súa aposta polo fermosismo e a protección da paisaxe. Así, o Instituto de Estudos do Territorio (IET) disporá dun orzamento de preto de 5,7 millóns de euros, dos que 2 millóns de euros se destinarán á convocatoria de axudas para a corrección de impactos paisaxísticos.
Cómpre lembrar que desde a posta en marcha desta iniciativa, en 2021, a Xunta apoiou a máis dun cento de entidades locais e a 1.850 particulares con 7,6 millóns de euros para a execución de obras e actuacións que contribuíron a fomentar a cultura do fermosismo.

Saber máis · Descubre A Limia Porqueira 806 habitantes · 6 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser