
Continúan as visitas en Lodoselo
- Fonte
- Dende A Limia
- Concello
- Sarreaus
- Publicada
- 3 out. 2023
3 de octubre de 2023, 20:00
O pasado mércores, 27 de setembro, recibimos a visita dun grupiño de usuarios e usuarias da asociación Autismo Ourense para desfrutar da nosa horta e xardín sensitivo. Este espazo está deseñado para ser un escenario de interacción apoiado con recursos naturais, co obxectivo de estimular os sentidos, polo que resulta unha actividade moi interesante e atractiva para todos os colectivos e en especial en TEA por ser unha condición de saúde que ten un gran impacto en todos os órganos e sistemas sensoriais.
Ao longo da mañá puidemos observar as características e necesidades das persoas con Trastorno do Espectro Autista e a importancia de fomentar o seu desenvolvemento integral, polo que tamén agradecemos aos profesionais que acompañaron ao grupo por facilitarnos o bo funcionamento da actividade. Para nos tecer redes de apoio na comunidade é moi importante porque nos axuda a estar cada día máis sensibilizados coa diversidade e a mellorar as nosas estratexias de actuación en todos os ámbitos.
Saber máis · Descubre A Limia
Sarreaus
1.068 habitantes · 9 parroquias
Coñecer o concello →


