Un incendio arrasa 350 hectáreas en Calvos de Randín e convértese no maior do ano en Ourense
Un lume declarado este xoves na parroquia de Randín, en Calvos de Randín, xa queimou 350 hectáreas de terreo. É o incendio máis grande rexistrado na provincia de Ourense no que vai de ano. O incendio comezou arredor da unha do mediodía e, pola súa proximidade a núcleos habitados, a Xunta decretou a Situación 2, unha medida preventiva que se activa cando existe risco para as vivendas. A pesar da virulencia das lapas, non foi necesario realizar desaloxos de veciños. Para controlar o lume, as…


