O Concello de Xinzo comeza este xoves, 10 de setembro, os traballos de asfaltado en seis rúas do municipio. As obras buscan mellorar a seguridade viaria e renovar o pavimento das vías máis degradadas.
Os traballos dividiranse en varias fases:
- Primeira etapa: Travesía do Bouzo e Avenida de Portugal (entre o cruzamento coa Avenida de Madrid e a pista da Armada).
- Segunda etapa: Rúa Dous de Maio (da Avenida de Madrid ao cruzamento coa rúa Toural), rúa Toural e rúa Alexandre Bóveda.
- Actuación complementaria: Camiño do Regueiro, financiada con fondos propios do Concello.
Durante a execución das obras, haberá cortes de tráfico e prohibición de estacionar nas zonas afectadas. O Concello pide aos veciños que respecten en todo momento a sinalización colocada polas máquinas e operarios para evitar accidentes.