← Volver Blogs

José Antonio Nieto Luis, (Xinzo de Limia, 1894-1983). Médico e político local.

José Antonio Nieto Luis, (Xinzo de Limia, 1894-1983). Médico e político local.

Fotografía de arquivo. A Limia News.

José Antonio Nieto Luis, coñecido como Don Pepe Nieto, naceu en Xinzo de Limia, fillo de comerciantes e propietarios. Médico e cirurxián dende 1920, exerceu na comarca da Limia dende 1923, en concellos como Trasmiras, Vilar de Santos, Os Blancos e Xinzo (dende 1951 ata a súa xubilación).

Casou e separouse de Luz de la Granja Valencia. Tivo descendencia dunha relación posterior cunha moza de Abavides: unha filla que vive en Ourense e un fillo falecido moi novo. Mantivo unha relación de feito con Elvira Lama, quen traballaba na súa casa e coa que conviviu ata o seu pasamento.

Participou activamente no golpe de estado de 1936 en Xinzo, primeiro como militante requeté e logo como xefe local da FET e membro da xestora municipal en 1938. Foi alcalde de Xinzo dende o 1 de abril ata o 15 de setembro de 1943. A súa militancia política estivo marcada por enfrontamentos internos e cambios de adscrición ideolóxica.

Don Pepe Nieto faleceu en Xinzo o 3 de outubro de 1983, aos 89 anos. A súa herdanza dividiuse entre a súa sobriña Elvira Calderón, a súa compañeira Elvira Lama, e a súa filla Carmen.

Fonte: historiadexinzo.wordpress.com

Ver noticia completa
blog historia de xinzo Uncategorized
Tamén che pode interesar
Genoveva Vázquez Calviño, a inesquecible parteira de Xinzo.
Blogs Genoveva Vázquez Calviño, a inesquecible parteira de Xinzo.
A historia das parteiras en Galicia, reflicte a evolución da asistencia ao parto desde tempos antigos ata mediados dos anos 70 aproximadamente. Desde a prehistoria, existen evidencias de mulleres asistindo a outras durante o parto, unha práctica que se mantivo ao longo da historia da humanidade. Na Idade Media, a asistencia ao parto e o papel das parteiras variaban enormemente dependendo do status social da parturiente. As parteiras de entón necesitaban permiso da Igrexa para exercer e eran vist…
2 de septiembre de 2024 6 min lectura
CAUSA XERAL DA GUERA CIVIL, decreto do 26 de abril de 1940:
Blogs CAUSA XERAL DA GUERA CIVIL, decreto do 26 de abril de 1940:
Documentos correspondientes a Causa General del A.H.N.Subdirección General de los Archivos EstatalesMinisterio de Cultura.España O día 1º de abril de 1939, Franco escribiu do seu puño e letra o último parte da contenda civil:. Non era certo. A guerra non rematara, Franco tiña razón en canto ás grandes operacións militares, aínda así tiveron lugar accións do exército contra as guerrillas republicanas ata finais dos anos corenta, e posteriormente á guerrilla en diversos lugares de España e na pro…
11 de octubre de 2024 5 min lectura
Misterio resolto, a segunda vida do guerrilleiro Juan Sorga, (1921(Cortegada-Sarreaus)-2009 (París-Francia).
Blogs Misterio resolto, a segunda vida do guerrilleiro Juan Sorga, (1921(Cortegada-Sarreaus)-2009 (París-Francia).
As últimas noticias de Juan Sorga, son da súa fuxida na que trataban de chegar a Francia polos Pirineos. Do que sucedeu no tren no que a policía lles pide a identificación, esto é o que di o atestado: . A partir deste momento todo foron especulacións, que si chegou a Francia, que si se matou ao tirarse do tren, que o Partido Comunista fixo indagacións co Partido Comunista francés e non atoparon nada, etc. etc. O silencio absoluto, nin a muller e os fillos, nin no resto da familia ou amigos, nun…
28 de noviembre de 2023 4 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser