Domingo, 8 de novembro Xinzo 11° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Dende A Limia

CHMS Continúa Traballos de Conservación e Mellora de Ríos

2 min de lectura

Fonte
Dende A Limia
Concello
Rairiz de Veiga
Publicada
10 abr. 2025
Ver a noticia orixinal

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) está a levar a cabo traballos de conservación e mellora en varios ríos da demarcación. As actuacións inclúen a repoboación con especies autóctonas nos ríos Miño, Limia e Faramontaos, nos municipios de Ourense, Rairiz de Veiga e Xinzo de Limia. Estas plantacións, que supoñen un investimento de 45.800€, buscan estabilizar as marxes, evitar a colonización de especies alóctonas e aumentar a resiliencia dos ecosistemas de ribeira fronte ao cambio climático.

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, continúa os traballos de conservación e mellora dos ríos da demarcación.

Esta semana continúan os traballos de repoboación de especies autóctonas en varios canles nos que se detectou ausencia de vexetación arbórea; estas plantacións mellorarán a estabilización de marxes e evitarán a colonización de especies alóctonas nos ríos Miño, Limia e Faramontaos, o seu paso polos municipios de Ourense, Rairiz de Veiga e Xinzo de Limia, respectivamente.

“Esta falta de vegetación genera una discontinuidad en el corredor ecológico, aumentando el riesgo de desprendimiento de los taludes de ribera y/o la colonización por especies alóctonas, disminuyendo la resiliencia y el efecto amortiguador de la vegetación de ribera ante las avenidas en momentos de grandes crecidas del cauce” explicou José Antonio Quiroga, presidente da CHMS.

Actuacións en execución

Apostado con Salix sp.e Alnus sp. recollido in situ augas arriba e/ou abaixo dos tramos propostos, que permitan recuperar progresivamente a vexetación da ribeira. Estimase que implantaranse 800 estacas.

Plantación manual de frondosas autóctonas no Miño e en Faramontaos; 690 exemplares de Fraxinus angustifolia (freixo), Betula celtibérica (bidueiro) e Acer pseudoplatanus.

O tramo localizado no río Limia repoblaráse con Fraxinus angustofolia, Betula celtibérica, Corylus avellana (abeleira), Crataegus monogyna (espiño branco) e Frangula alnus (salgueiro); excluindose a parte incluida dentro do ZEC Veiga de Ponteliñares.

“Las actuaciones propuestas favorecen la recuperación y funcionamiento de los ecosistemas de ribera asociados a los tramos definidos, aumentando su resiliencia frente al cambio climático” concluiu Quiroga.

Traballos que supoñen unha inversión estimada de 45.800€, e que están enmarcadas no encargo para o Servizo de Conservación e mellora dos canles da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil en Galicia, cofinanciadas polos Fondos FEDER no marco do Programa Operativo Plurirregional de España 2021-2027.

Saber máis · Descubre A Limia Rairiz de Veiga 1.154 habitantes · 8 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser