Etiqueta: Plenos

Concello de Xinzo de Limia

O Concello de Xinzo anuncia que o Plan de Axuste finalizará en 2028, catro anos antes do previsto

  • O Pleno aproba un orzamento de 9 millóns de euros marcado pola contención do gasto, pero que garante un investimento social histórico no Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

  • O alcalde, Amador Díaz, defende a xestión do goberno local: "Malia a pouca marxe de manobra, en 2025 executamos obras por valor de 2,2 millóns de euros grazas á captación de fondos doutras administracións".

Concello de Xinzo de Limia

150.000 € máis para a axuda no fogar en Xinzo e novas obras no rural ata fin de ano

  • Impulso aos coidados con 150.000 € extra para avanzar cara á lista de agarda cero no SAF

  • Auga e saneamento actualizados co IPC e nova tarifa por fugas para evitar “sustos” nas facturas

  • Obras no rural en Pena, Soutelo de Pena e Ganade ata fin de ano para mellorar accesos e vías

  • Unanimidade para instar á Deputación a activar a planta de valorización de Morgade

  • O reforzo do SAF apróbase co voto en contra do BNG

Concello de Xinzo de Limia

Xinzo avanza: aprobados os orzamentos municipais para 2025

  • O Concello traballa para estirar ao máximo os recursos nun contexto de axuste económico.

  • As colonias felinas contarán cun protocolo oficial para a súa xestión sostible.

  • O Concello aforra 70.000 euros anuais ao cambiar o contrato de subministro eléctrico.

  • O irmandamento con Ponte de Lima renóvase coincidindo cos seus 900 anos de historia.

  • O alcalde comprométese a liderar un grupo de traballo para pedir financiamento autonómico para os conservatorios municipais.

  • A travesía da N-525 será renovada cun proxecto xa adxudicado.

  • Unanimidade para investir na mellora das rúas do casco vello.