← Volver Diario do Limia

O Concello de Xinzo reforza a vixilancia na comarca tras a vaga de roubos nas explotacións agrícolas

O Concello de Xinzo reforza a vixilancia na comarca tras a vaga de roubos nas explotacións agrícolas

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O Concello de Xinzo de Limia celebrou este venres unha xuntanza de urxencia para buscar solucións ante o incremento de roubos de material de regadío, un sector estratéxico para a economía da zona.

Ao encontro, presidido polo alcalde Amador Díaz, asistiron representantes dos produtores afectados, mandos da Garda Civil e da Policía Local, así como o concelleiro de Seguridade Cidadá, Ramón Gómez. O obxectivo principal foi deseñar un plan de acción para frear a sustracción de equipos de alto valor nas leiras da comarca.

Tras analizar a situación, as partes acordaron as seguintes medidas de carácter inmediato:

Durante a reunión, o goberno local solicitou o apoio máximo dos corpos policiais, que confirmaron a súa total disposición para colaborar. Cómpre lembrar que, segundo datos da USC, a pataca representa o 22,7% da riqueza da comarca da Limia, polo que protexer estas explotacións resulta vital para a supervivencia do sector.

O alcalde, Amador Díaz, agradeceu a implicación de todos os axentes participantes e subliñou que o traballo coordinado é fundamental para devolver a tranquilidade aos profesionais do campo e blindar a actividade económica da zona fronte aos delincuentes.

Fonte: diariodolimia.gal

Ver noticia completa
Diario do Limia prensa local xinzo
Tamén che pode interesar
Alumnado de Xinzo de Limia elixe as mellores obras do III Premio de Banda Deseñada Tinta de Lura
Diario do Limia Alumnado de Xinzo de Limia elixe as mellores obras do III Premio de Banda Deseñada Tinta de Lura
Estudantes do IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia, xunto con alumnado doutros catro centros galegos, foron os encargados de xulgar e escoller as obras gañadoras da terceira edición do Premio de Banda Deseñada Tinta de Lura. Tras un curso completo de lectura e análise crítica, o xurado —formado por rapaces e rapazas dos institutos Lagoa de Antela (Xinzo), Universidade Laboral (Ourense), Rodeira (Cangas), Rosais II (Vigo) e Auga da Laxe (Gondomar)— decidiu que os galardóns recaian en: O corpo …
25 de junio de 2026 2 min lectura
A Civitas Limicorum participa no 25 aniversario do Arde Lucus
Diario do Limia A Civitas Limicorum participa no 25 aniversario do Arde Lucus
A Asociación Cultural Civitas Limicorum de Xinzo de Limia participou na edición especial do Arde Lucus en Lugo, que este 2026 celebrou o seu Annus Argenteus, marcando o seu 25 aniversario. A entidade, que reivindica o seu papel como parte activa e fundamental desde as primeiras edicións deste evento de Interese Turístico Internacional, enviou unha delegación formada por membros dos bandos castrexo e romano. No marco da recepción oficial de convidados, a tesoureira da asociación, Ana Lozano, foi…
22 de junio de 2026 1 min lectura
Suspensión do estacionamento en Xinzo de Limia por traballos de sinalización
Diario do Limia Suspensión do estacionamento en Xinzo de Limia por traballos de sinalización
O Concello de Xinzo de Limia informa de que se suspenderá o estacionamento de vehículos nas Avenidas de Madrid e de Ourense, en toda a súa extensión, debido aos traballos de mellora e pintado de prazas de aparcamento. Detalles da actuación: Inicio da restricción: A partir da noite do mércores 24 de xuño. Días de traballo: Xoves 25 e venres 26 de xuño. Obra: Execución de labores de sinalización horizontal. As autoridades solicitan a colaboración dos condutores para que retiren os seus vehícu…
23 de junio de 2026 1 min lectura