O Concello de Vilar de Santos organiza o próximo 31 de outubro «A Lenda de Saa», unha actividade especial polo Samaín que require inscrición previa para organizar os grupos.
As saídas realizaranse desde a praza do Concello, cunha frecuencia de 45 minutos entre cada grupo. As normas para participar son as seguintes:
- Inicio: ás 18:30 horas.
- Grupos: máximo de 30 persoas.
- Inscrición: cómpre cubrir un formulario en liña indicando o número de asistentes e o horario preferido.
A asignación final dependerá das prazas dispoñibles. Se o turno elixido estivese completo, a organización porase en contacto cos interesados para ofrecerlles outra opción horaria.