O próximo 25 ás 11:30 horas, o cemiterio de Rairiz de Veiga será o escenario dun acto para homenaxear ao mestre e exalcalde Ramón Rodríguez.
A iniciativa, promovida pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, consistirá en:
- Cambiar a súa lápida actual (que está en castelán) por unha nova escrita en galego.
- Incluir un código QR na pedra para poder ler a súa biografía.
- Descubrir unha placa de agradecemento na entrada do cemiterio.
A nova inscrición terá o seguinte epitafio: «Defendeu con orgullo a súa identidade galega alí onde foi, sen deixar de falar en galego». O acto é aberto a toda a veciñanza.