← Volver Diario do Limia

NOTICIAS XINZO | Os coles de Xinzo participan no programa ‘Escolas de fronteira’

NOTICIAS XINZO | Os coles de Xinzo participan no programa ‘Escolas de fronteira’

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O CEIP Rosalía de Castro e o CEIP Carlos Casares son membros do proxecto «Escolas de fronteira», que naceu para promover a educación intercultural e bilingüe nos centros de ensino situados nas zonas fronteirizas entre España e Portugal. A finalidade é crear unha rede de escolas que proporcione ao alumnado transfronteirizo unha educación de calidade e fomente a empregabilidade. 

Representantes do profesorado de ambos centros están participando no encontro que pechará o programa neste curso escolar. Unha reunión que se está a celebrar en Xinzo de Limia e na que se analizarán os resultados das iniciativas desenvolvidas ao longo deste ano encamiñadas a pór en valor a diversidade lingüística e cultural na educación. Ademáis, servirá para definir as estratexias que deberán seguir co obxectivo de dar continuidade ao programa de educación transfronteiriza.

Un dos eixos fundamentais é a capacitación do profesorado, que participa en proxectos de intercambio para pór en marcha prácticas pedagóxicas e didácticas plurilingües e interculturais. Cada centro escolar ten o seu compañeiro espello nunha escola de Portugal e o seu profesorado realizou unha formación específica sobre metodoloxía de proxectos multiculturais. 

O encontro permite intercambiar experiencias pedagóxicas do profesorado transfronteirizo.

Escolas de fronteira
Escolas Bilingües e Interculturais de Fronteira é un proxecto de cooperación entre os gobernos de Portugal e España e as Comunidades Autónomas, coordinado pola Organización dos Estados Iberoamericanos para a Educación, a Ciencia e a Cultura (OEI), a maior organización de cooperación entre países iberoamericanos de fala hispana e portuguesa.

Neste curso, participaron na iniciativa un total de 49 centros de España e Portugal; deles, seis galegos. Ademais dos centros de ensino de Xinzo, están o CEIP Amaro Refojo e o CEIP Princesa de España, de Verín, o CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón (Salvaterra do Miño) e o CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui.

Fonte: diariodolimia.gal

Ver noticia completa
Diario do Limia prensa local xinzo
Tamén che pode interesar
Xinzo de Limia habilita o Parque do Pombal como espazo libre de humo
Diario do Limia Xinzo de Limia habilita o Parque do Pombal como espazo libre de humo
O Concello de Xinzo de Limia e a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) de Ourense presentaron a habilitación do Parque do Pombal como un novo espazo libre de humo. Esta iniciativa busca promover a saúde pública e a prevención do tabaquismo, centrándose na protección dos menores e no fomento de hábitos saudables mediante a creación de entornos de convivencia sanos. A medida está enmarcada nun convenio de colaboración firmado en 2025 entre ambas entidades. No acto de presentación participaro…
21 de mayo de 2026 1 min lectura
Nova Residencia Xinzo: promoción de apertura e servizos integrais en Xinzo de Limia
Diario do Limia Nova Residencia Xinzo: promoción de apertura e servizos integrais en Xinzo de Limia
A nova Residencia Xinzo, situada no Camiño da Roda, 14, en Xinzo de Limia, ofrece unha promoción especial para os seus primeiros residentes. Aqueles que formalicen a reserva dunha das 80 unexpectedly plazas dispoñibles antes do 30 de xuño, obterán un desconto permanente e vitalicio que se manterá durante toda a súa estancia no centro. O establecemento está deseñado para o coidado integral de persoas maiores, contando con instalacións novas que inclúen zonas comúns amplas, terrazas e xardíns. En…
26 de mayo de 2026 1 min lectura
Nova edición de 'Recantos: O Casting' na Televisión de Galicia
Diario do Limia Nova edición de 'Recantos: O Casting' na Televisión de Galicia
A Televisión de Galicia prepara unha nova convocatoria de 'Recantos: O Casting' co obxectivo de atopar novos talentos musicais para o certame 'Recantos', integrado no programa Luar. A gran novidade desta edición é que, por primeira vez na historia da canle, as probas de selección serán televisadas. Detalles da convocatoria Proceso de selección: O equipo percorrerá oito teatros repartidos por toda Galicia para realizar as probas presenciais, que serán avaliadas por un xurado profesional. Requi…
16 de mayo de 2026 1 min lectura