← Volver Dende A Limia

Xinzo despediu a Daniel Blanco

Xinzo despediu a Daniel Blanco

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Hoxe a mañá moitos veciños de Xinzo despediron a Daniel Blanco, o que durante toda a súa traxectoria profesional foi profesor no CEIP Rosalía de Castro dende a súa inauguración, na que este ano se cumpriron 50 anos e cunha ampla traxectoria política como concelleiro de cultura durante varias lexislaturas.
Alumnos, compañeiros de política e sobre todo amigos pasaron durante o fin de semana polo velatorio para acompañar aos seus familiares, entre os que estaban a súa filla Silvia, que tamén foi concelleira durante varias lexislaturas.
Varios representantes municipais da comarca fixeron tamén acto de presenza acompañando a Daniel no seu último percorrido.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
XIV edición do "Abrazo ao Río Limia"
Dende A Limia XIV edición do "Abrazo ao Río Limia"
Os días 15 e 16 de xuño de 2026, Xinzo de Limia acollera a XIV edición do "Abrazo ao Río Limia", unha iniciativa educativa e cultural transfronteiriza que une a Galicia co norte de Portugal. O evento reunirá a máis de mil nenos e nenas de centros educativos da comarca da Limia e da vila de Ponte de Lima, reforzando os vínculos históricos, culturais e humanos entre ambos territorios. Programación e intercambio cultural: A xornada contará cun intercambio de folclore e música tradicional, coa act…
10 de junio de 2026 2 min lectura
Participación do CDR O Viso na Xornada Provincial do Terceiro Sector
Dende A Limia Participación do CDR O Viso na Xornada Provincial do Terceiro Sector
As profesionais do CDR O Viso, a educadora social Aine Opazo e a traballadora social Paula Blanco, participaron na Xornada Provincial do Terceiro Sector, un evento organizado pola Deputación Provincial de Ourense para fomentar a cooperación entre as entidades sociais da provincia. O obxectivo principal desta xornada foi promover a visibilidade do Terceiro Sector e o intercambio de experiencias, buscando fortalecer o traballo en rede para mellorar a resposta ás necesidades da cidadanía. Un d…
9 de junio de 2026 1 min lectura
Defensa da tese doutoral sobre educación social e envellecemento no medio rural
Dende A Limia Defensa da tese doutoral sobre educación social e envellecemento no medio rural
O pasado venres 12 de xuño, no Salón de Grados da Facultade de Educación e Traballo Social, realizouse a lectura da tese doutoral titulada "Educación Social e envellecemento no rural. Análise da Traxectoria no pobo-escola de Lodoselo". A investigación foi presentada por María Esther Pérez Enríquez, baixo a dirección de Xosé Manuel Cid Fernández. O tribunal cualificou o traballo como un estudo etnográfico rigoroso e de elevada relevancia temática. A investigación aborda aspectos fundamentais com…
16 de junio de 2026 2 min lectura