← Volver Dende A Limia

Remataron as 1ª de Lonxevidade e hábitos saudábeis

Remataron as 1ª de Lonxevidade e hábitos saudábeis

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Hoxe era a segunda e última xornada das primeiras xornadas intenacionais nas que se falou de lonxevidade, pero dunha lonxevidade con calidade de vida na que segundo as conclusións dos poñentes internacionais e nacionais que participaron ao longo delas, tan solo o 30% dependes dos xenes e o resto depende moito da nosa forma de vida, da nosa alimentación e das nosas costumes. Tendo isto en conta moita parte desa lonxevidade está da nosa parte.

Despois da mesa redonda da mañá, na que participaron as asociacións comarcais que están a traballar e incidir directamente na poboación para conseguir esa lonxevidade, CDR O VISO, ESCOLA RURAL DE SAÚDE DA LIMIA, FEMURO e CRUZ VERMELLA, pecharon as xornadas os relatorios de Esperanza Navarro Pardo que falou das «ZONAS AZUIS», lugares nos que se envellece mellor, entre as que parece que a Limia se está achegando.
A continuación falou o Dtor Madianes como bo representante desa lonxevidade activa e pechou as xornadas  Laura López del Castillo , Delegada de Sanidade en Ourense e a continuación ofreceuse aos presentes un ágape no cal non faltou o polbo, un dos alimentos da dieta atlántica que está incluido dentro dos bos alimentos a comer de cara a esa lonxevidade. 

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Festival de Fin de Curso do Conservatorio
Dende A Limia Festival de Fin de Curso do Conservatorio
O Conservatorio programa para este mes de xuño o seu Festival de Fin de Curso na comarca da Limia. O evento ten como obxectivo mostrar o talento musical do seu alumnado e celebrar o peche do curso escolar mediante tres concertos principais que integrarán música de cámara, banda e diversos ensembles. A programación constará dos seguintes actos: Xoves 11, 20:00 h: Concerto de Grao Elemental, que incluirá o acto de graduación do alumnado que remata este ciclo de catro anos. Venres 12, 20:00 h: C…
8 de junio de 2026 1 min lectura
Desenvolvemento rural en Vilar de Santos: reunión para impulsar o regadío e as infraestruturas
Dende A Limia Desenvolvemento rural en Vilar de Santos: reunión para impulsar o regadío e as infraestruturas
Protagonistas: Paz Rodríguez (Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural), Marcos Nogueiras (Alcalde de Vilar de Santos) e Begoña Francisco (Tenente alcade). Contexto e lugar: A xuntanza desenvoluse en Vilar de Santos e serve como continuación dunha interlocución previa mantida coa conselleira do Medio Rural para tratar asuntos de interese para o concello. Puntos clave tratados: Proxecto de regadío: Analisouse a viabilidade de impulsar un sistema de regadío para a zona, unha m…
1 de junio de 2026 1 min lectura
Xornadas de Portas Abertas e Matriculación para o Novo Curso de Música
Dende A Limia Xornadas de Portas Abertas e Matriculación para o Novo Curso de Música
Co obxectivo de presentar a súa proposta educativa e fomentar a iniciación musical, a institución organiza unhas xornadas de portas abertas dirixidas a todas as persoas interesadas en coñecer o centro e resolver calquera dúbida sobre os seus estudos. Detalles do evento: Datas: 3, 4 e 5 de xuño (mércores, xoves e venres). Horario: De 16:00h a 20:00h. Ademais, informa de que xa se encontra aberto o prazo de matrícula para o vindeiro curso académico.
1 de junio de 2026 1 min lectura