← Volver Dende A Limia

Os trens que nunca pasaron por Xinzo

Os trens que nunca pasaron por Xinzo

Fotografía de arquivo. A Limia News.

 Por mor dun compromiso profesional, non puiden asistir á merecida homenaxe do acto de nomeamento de Gonzalo Iglesias Sueiro como fillo adoptivo de Xinzo, celebrada días atrás. Polo que lin na prensa, foron moitos os veciños que se achegaron para acompañar no acto ó homenaxeado. Aproveito estas liñas dende aquí para enviarlle os meus parabéns, xa que eu non puiden estar presente. En verdade, ás veces resulta imposible chegar ou estar en todos eses sitios que queremos. E tanto ten o medio de transporte que utilicemos.
 
No meu anterior artigo faláballes dunha viaxe en tren e puxen á vista, baixo a miña maneira de ver, as vantaxes que para min tivo tal xeito de viaxar. Cómpre salientar que neste asunto, como en calquera outro, sempre haberá opinións para todos os gustos. A min, dende hai moito tempo, atráeme a idea de facer unha viaxe por Europa exclusivamente en tren. Desas nas que percorres varios países e vas parando aquí e acolá.
Hai xa algúns anos, a miña dona e mais eu fomos a Praga e mais Berlín. O traxecto entrambas as dúas cidades fixémolo en tren. Malia non ser un tren como os de agora, de alta velocidade, gardo un grato recordo daquela viaxe e das fermosas paisaxes ó longo do percorrido.
Hai cinco anos, nunha viaxe a Italia, movémonos en tren entre Pisa, Florencia, Roma e Nápoles. Estes si que eran xa de alta velocidade. Volvín a Galicia un tanto abraiado pola calidade do servizo, relativa a alta frecuencia de trens entre cada dúas cidades, nalgúns casos a intervalos de dez minutos. Nada que ver cos cinco trens que hai para ir de Vigo a Ourense entre as sete da maña e as dúas da tarde. Esperemos que mellore o servizo e que mellore moito, mais non só nas frecuencias, senón tamén en que non haxa avarías e paradas imprevistas. Comento isto, porque xa foi brincadeira que a viaxe inaugural entre Vigo e Madrid hai tres semanas (no intre de escribir isto) tivese un retraso considerable e que a prensa de todo o país a cualificase como “desastrosa”. Circunstancia, que por un ou outro motivo, volveuse repetir en varias viaxes días despois. Eu desexo que isto pase, mais que nada para que non perdamos a ilusión dun bo servizo de tren entre Galicia e Madrid.
Inda que, falando de perder ilusión, os que a perderon foron os nosos devanceiros limiaos de finais do século XIX e comezos do XX, que un día si e case que outro tamén, escoitaban que a chegada do tren a Xinzo sería unha realidade. Teño atopado varias noticias respecto dese asunto. A primeira delas, data do mes de febreiro do ano 1888. Publícase no xornal Gaceta de Galicia o día 15 e no Crónica de Pontevedra o día 18. O primeiro dos xornais contábao así: 

“Agítase el proyecto de construir un ferrocarril, de vía estrecha, de carácter internacional, desde Chaves, plaza portuguesa, a Verín, valle de Monterrey, Ginzo de Limia, Allariz y Orense, que enlazaría con el de Monforte de Lemos a Vigo.” 

No segundo xornal, cóntase a noticia coas mesmas palabras, indicando ó principio que sae publicada no xornal madrileño El País e ó remate que nos xornais de Ourense non se ten coñecemento da mesma. 
Dezasete anos despois, alá polo 16 de febreiro de 1905, no xornal El correo gallego, infórmase de que “La Comisión provincial de Orense ha dirigido un expresivo telegrama al Sr. Espada, significándole su agradecimiento por la inclusión entre los ferrocarriles secundarios subvencionados de los de Orense a la frontera protuguesa, por Ginzo, Verín y Orense a Santiago, por Carballino, que tanta utilidad habrán de reportar a toda la región”. 
É no 6 de marzo de 1927 cando o xornal El pueblo gallego, volve á carga informando da necesidade dunha comisión composta por persoas de Verín, Xinzo, Allariz, Celanova e Bande que “se desplace a Madrid y haga ver al Gobierno la suma necesidad” da variante exposta por don Eloy Luis André en detrimento do trazado levado a cabo polo señor Cantero do cal se di que “no es menos cierto que dicho trayecto discurre por una zona estéril, menoscabando, por intereses creados, a pueblos de tanta significación y vida comercial cual lo son Allariz, Ginzo y Verín.”
 
Finalmente, de novo El pueblo gallego fala no seu número do 2 de abril de 1933 da liña de ferrocarril Zamora Coruña e das vantaxes que suporía para a zona comprendida entre Xinzo e Verín.  
 
Van alá máis de noventa anos desta derradeira noticia que atopei sobre o ferrocarril por Xinzo, expectativa que nunca se cumpriu e quedou en papel mollado. Agardemos polo menos que tampouco quede así a mellora deste tren posto en servizo hai nada e nos permita dispor de máis frecuencias e posibilidades. Iso si, a ser posible sen demoras e avarías.
 
Rafael Laso Lorenzo
 

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
A Deputación de Ourense aprueba máis de 220 mil euros para deporte, protección animal e cooperación municipal
Dende A Limia A Deputación de Ourense aprueba máis de 220 mil euros para deporte, protección animal e cooperación municipal
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou un conxunto de acordos por un total de 220.397,81 euros. Estas axudas están destinadas principalmente ao fomento do deporte, o apoio á protección animal e o reforzo de infraestruturas nos distintos concellos da provincia. Fomento do deporte de base A institución destinará 20.000 euros a unha nova liña de subvencións para a formación de técnicos e monitores deportivos. O obxectivo é apoiar a cualificación profesional das persoas vinculadas aos…
1 de junio de 2026 2 min lectura
Proxecto de inclusión e accesibilidade universal en Xinzo de Limia
Dende A Limia Proxecto de inclusión e accesibilidade universal en Xinzo de Limia
Un centro educativo de Xinzo de Limia está liderando un proceso de transformación para promover a inclusión e a igualdade de oportunidades, actuando tanto no ámbito escolar como na contorna social do concello. Actuacións no centro educativo Co obxectivo de eliminar barreiras na comunicación e a convivencia, o centro desenvolveu as seguintes iniciativas: Sinalización visual: Incorporación de pictogramas nas dependencias do centro para mellorar a autonomía e a orientación de todo o alumnado. P…
4 de junio de 2026 2 min lectura
Festival de Fin de Curso do Conservatorio
Dende A Limia Festival de Fin de Curso do Conservatorio
O Conservatorio programa para este mes de xuño o seu Festival de Fin de Curso na comarca da Limia. O evento ten como obxectivo mostrar o talento musical do seu alumnado e celebrar o peche do curso escolar mediante tres concertos principais que integrarán música de cámara, banda e diversos ensembles. A programación constará dos seguintes actos: Xoves 11, 20:00 h: Concerto de Grao Elemental, que incluirá o acto de graduación do alumnado que remata este ciclo de catro anos. Venres 12, 20:00 h: C…
8 de junio de 2026 1 min lectura