← Volver Dende A Limia

Obradoiro sobre dependencia, discapacidade e o documento de instrucións previas

Obradoiro sobre dependencia, discapacidade e o documento de instrucións previas

Fotografía de arquivo. A Limia News.

A dependencia e a discapacidade son termos que normalmente confundimos. Cando falamos de dependencia falamos da falta da autonomía das persoas á hora de desenvolverse nas actividades da vida diaria. Dependendo dos apoios que se precisen na realización destas actividades concédese un grao de dependencia para que as persoas avaliadas e a súa rede de apoio conten cuns servizos ou prestacións que manteñan as persoas ca mellor calidade de vida posible: servizo de axuda no fogar, centros de día, prestacións económicas para o coidado da persoa por parte da familia ou servizos privados, etc.A discapacidade, con todo, é unha condición que manifesta unha dificultade ou obstaculiza a participación plena e efectiva na comunidade ou contexto persoal da persoa debido a limitacións físicas, mentais, intelectuais e/ou a longo prazo. A discapacidade NON sempre vai vinculada a dependencia: unha persoa con esta condición tamén pode ser independente no seu día a día e autónoma na toma das súas decisións, dependerá da porcentaxe de discapacidade que lle outorgue o equipo de avaliación. Os servizos e prestacións tralo recoñecemento dun grao de discapacidade son: cobertura de ata o 100% de prestacións que inclúen tratamentos médicos, próteses ou apoios educativos; facilitar o tránsito cos coches (reserva prazas aparcamentos); acceso a prazas de emprego; dereito a atención preferente, etc.Por último, e debido á demanda da comunidade rural que participa nas actividades do CDR, Natalia explicounos que é o documento de instrucións previas. Este documento que comeza a coller relevancia e que impulsa a toma de decisións das persoas sobre a súa vida, permítenos manifestar de forma libre e anticipada os nosos desexos sobre os coidados e tratamentos que puideramos precisar no futuro e o destino final do noso corpo para que así a nosa vontade sexa respectada en todo momento, incluso nos momentos nos que xa non podamos expresala persoalmente. O único requisito para poder facelo é ser maior de idade e ter conservadas as facultades cognitivas que permiten expresar de forma consciente e por vontade propia un desexo ou necesidade.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Inaugurada a nova zona de escalada na Forxa (Porqueira)
Dende A Limia Inaugurada a nova zona de escalada na Forxa (Porqueira)
O Concello de Porqueira, con o apoio de Turismo de Galicia, inaugurou este sábado a nova área de escalada situada no canón do río Fírbeda. Esta actuación busca reforzar o posicionamento de Galicia como un referente no turismo deportivo e de natureza. Detalles do proxecto e investimento O proxecto contou cun investimento aproximado de 40.000 euros e comprende as seguintes actuacións: Creación e equipamento dunha nova zona de escalada no canón do río Fírbeda. Adecuación e homologación dun send…
2 de junio de 2026 1 min lectura
Resumo de resultados e clasificacións deportivas
Dende A Limia Resumo de resultados e clasificacións deportivas
Veteráns Tanto o equipo veterano feminino como o masculino están clasificados para as finais da Copa Deputación, que se disputarán o sábado 13 de xuño ás 16:00 h nas instalacións do Paco Paz. Destaca que os veteranos masculinos lograron a súa primeira vitoria da tempada ao vencer a Maristas Coruña. Cadetes As tres categorías cadete quedaron eliminadas da Copa: Cadetes femininas (2010 e 2011): Eliminadas tras perder contra Blanco Amor e Val de Lemos, respectivamente. Cadetes masculinos: Qued…
31 de mayo de 2026 1 min lectura
Rutas de sendeirismo pola Vía da Prata: Proxecto "Camiño Vertical"
Dende A Limia Rutas de sendeirismo pola Vía da Prata: Proxecto "Camiño Vertical"
A Deputación de Ourense, a través do Inorde (Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico), pon en marcha un ciclo de rutas de sendeirismo pola Vía da Prata entre Feces e Ourense. Esta iniciativa forma parte do proxecto "Camiño Vertical", cofinanciado polo programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) da Unión Europea, co obxectivo de promover o turismo sustentable e a dinamización económica do medio rural mediante a valorización dos itinerarios históricos e culturais do territorio. O prog…
18 de mayo de 2026 1 min lectura