← Volver Dende A Limia

O xacemento arqueolóxico de Aquis Querquennis acollerá esta fin de semana unha recreación de época romana.

O xacemento arqueolóxico de Aquis Querquennis acollerá esta fin de semana unha recreación de época romana.

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Recreadores de Galicia, Legio IIII Macedónica e Antiqvi Mores serán as asociacións encargadas de transportarnos ao período romano da man duns 45 participantes. Dende mañá será posible atopar estes peculiares moradores no recinto e exterior do xacemento.As actividades comezan o sábado pola mañá cunha visita/vida no campamento, sábado tarde realizarase a instrución e o domingo pola mañá vida no campamento e instrución.

Recreadores de Galicia, Legio IIII Macedónica e Antiqvi Mores serán as asociacións encargadas de transportarnos ao período romano da man duns 45 participantes. 
Dende mañá será posible atopar estes peculiares moradores no recinto e exterior do xacemento.
As actividades comezan o sábado pola mañá cunha visita/vida no campamento, sábado tarde realizarase a instrución e o domingo pola mañá vida no campamento e instrución. A maiores poderase intercambiar, ampliar información e participar nas diferentes actividades previstas, módulos de xogos etc.
Para máis información, por favor, contactar con Oscar: 690 614 771.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
A Asociación Civitas Limicorum prepara a XXVI Festa do Esquecemento en Xinzo
Dende A Limia A Asociación Civitas Limicorum prepara a XXVI Festa do Esquecemento en Xinzo
A Asociación Civitas Limicorum celebrou a súa primeira asemblea anual, marcando o inicio dos preparativos para a XXVI Festa do Esquecemento. Durante o encontro, certificouse o crecemento do colectivo, que xa conta con un total de 700 socios. A gran cita histórica, que recrea o ano 137 a.C., terá lugar os días 21, 22 e 23 de agosto de 2026. Esta edición será a máis importante ata o momento, xa que prevé contar coa participación récord de 54 grupos. O obxectivo da directiva, encabezada por Marcos…
24 de mayo de 2026 1 min lectura
A Xunta destina máis de 10 millóns de euros a obradoiros duais de emprego en Ourense
Dende A Limia A Xunta destina máis de 10 millóns de euros a obradoiros duais de emprego en Ourense
A Xunta de Galicia vai investir 10.597.196 euros na posta en marcha de 23 obradoiros duais de emprego na provincia de Ourense. Esta iniciativa beneficiará a 460 alumnos e traballadores, repartidos entre 57 concellos e 4 mancomunidades da zona. Segundo o delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, estes obradoiros funcionan como programas mixtos que combinan o emprego con a formación. O obxectivo é que persoas con dificultades de inserción laboral realicen traballos de interese xeral e social a…
11 de junio de 2026 2 min lectura
As alcaldías de Oimbra, O Riós, Porqueira e San Xoán de Río únense á economía circular glocal
Dende A Limia As alcaldías de Oimbra, O Riós, Porqueira e San Xoán de Río únense á economía circular glocal
No marco do encontro internacional Rural University Hub, celebrado en San Xoán de Río, as alcaldías de Oimbra, O Riós, Porqueira e San Xoán de Río, xunto á Fundación Finnova, asinaron o Manifesto Internacional pola Economía Circular Glocal. Esta iniciativa, que ten orixe en Ibagué (Colombia), busca promover a economía circular como unha ferramenta clave para xerar oportunidades económicas, protexer o medio ambiente e fortalecer a cohesión social nos territorios rurais. O acordo pretende situar …
9 de junio de 2026 2 min lectura