← Volver Dende A Limia

Novo reproche de Elvira Lama ao alcalde

Novo reproche de Elvira Lama ao alcalde

Fotografía de arquivo. A Limia News.

 O PSdeG-PSOE de Xinzo de Limia considera “inadmisible” a actitude do alcalde, Amador Díaz, que a semana pasada decidiu ausentarse da presentación do proxecto de humanización da N-525, para ir a recoller un premio do seu negocio persoal a Madrid. As e os socialistas pregúntanse “cales son as prioridades do rexedor?” e láianse de que estea máis preocupado por cuestións persoais que doutras que afectan a todo o municipio.
 Dende o grupo municipal socialista explican que a pasada semana a subdelegación do Goberno convocou en Ourense aos representantes políticos de Xinzo para a presentación do proxecto de humanización da N-525 ao seu paso polo municipio. Para sorpresa dos presentes, o rexedor non acudiu a dito acto, pero tal e como apuntan as e os socialistas “horas despois coñeciamos que o motivo da súa ausencia é que estaba en Madrid recollendo un premio polo seu negocio de patacas”.
 A voceira do PSdeG-PSOE en Xinzo de Limia, Elvira Lama Fernández, afirma que “para ser alcalde, os intereses de Xinzo de Limia sempre deben estar por riba dos intereses propios”. A edil socialista subliña que ante estes acontecementos e despois dun ano de mandato de Amador Díaz “temos claro que só lle interesa o seu e que Xinzo e a veciñanza non lle importan nada”.
 “Como pode un rexedor ausentarse da presentación dun dos proxectos máis importantes e transformadores da historia de Xinzo, como é a humanización da N-525, para ir a Madrid a recoller un premio persoal e alleo ao seu cargo de alcalde?”, pregúntase Lama Fernández. A voceira socialista insta a Amador Díaz a “pensar máis en Xinzo e na súa veciñanza e menos nos seus egos persoais” e lembra que nun ano de mandato o municipio e a cidadanía “segue agardando polos proxectos prometidos por Díaz, que a día de hoxe son unha utopía”. Neste senso tamén afirma que o actual alcalde “segue vivindo dos proxectos conseguidos polo anterior equipo de goberno encabezado polo PSOE, e non hai nin rastro de novos investimentos”.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Participación do CDR O Viso na Xornada Provincial do Terceiro Sector
Dende A Limia Participación do CDR O Viso na Xornada Provincial do Terceiro Sector
As profesionais do CDR O Viso, a educadora social Aine Opazo e a traballadora social Paula Blanco, participaron na Xornada Provincial do Terceiro Sector, un evento organizado pola Deputación Provincial de Ourense para fomentar a cooperación entre as entidades sociais da provincia. O obxectivo principal desta xornada foi promover a visibilidade do Terceiro Sector e o intercambio de experiencias, buscando fortalecer o traballo en rede para mellorar a resposta ás necesidades da cidadanía. Un d…
9 de junio de 2026 1 min lectura
Inicio da terceira edición do Programa Rosalía para mulleres do rural
Dende A Limia Inicio da terceira edición do Programa Rosalía para mulleres do rural
O Concello de Sandiás acolle o inicio dunha nova edición do Programa Rosalía, unha iniciativa de asesoramento, formación e acompañamento dirixida ás mulleres do rural. Nesta terceira edición, o proxecto conta coa participación dos concellos de Sandiás, Xunqueira de Ambía, Rairiz de Veiga e Vilar de Barrio, e está cofinanciado pola Xunta de Galicia e fondos europeos. O obxectivo principal desta iniciativa é proporcionar ferramentas que melloren a autonomía persoal, social e laboral das participa…
16 de junio de 2026 2 min lectura
A Asociación Algaria doa 500 euros en alimentos ao Banco de Alimentos de Xinzo
Dende A Limia A Asociación Algaria doa 500 euros en alimentos ao Banco de Alimentos de Xinzo
A Asociación Algaria, colectivo dedicado á defensa e promoción dos dereitos das persoas con mobilidade reducida, realizou unha nova doazón de 500 euros en produtos non perecedoiros (leite e aceite) ao Banco de Alimentos municipal de Xinzo. Este contributo provén dos fondos dunha rifa organizada de cara ao Sorteo de Nadal de 2025. Ante o feito de quedar deserto o premio previsto, a asociación decidiu reinvestir o importe íntegro en alimentos básicos para axudar ás familias con menos recursos da …
2 de junio de 2026 1 min lectura