O Antela F.C. logrou manter a súa condición de invicto como local na Moreira pola segunda temporada consecutiva. O último partido contou cunha asistencia de máis de 1000 espectadores, incluíndo autoridades locais e membros da oposición que mostraron o seu apoio ao equipo branquinegro.
A pesar de ser un encontro moi igualado, o Antela mostrou maior superioridade nas aproximacións á porta contraria. O próximo sábado, o equipo xogará un partido decisivo para determinar o seu ascenso á Terceira División. Para facilitar a asistencia da afición, o concello habilitará servizo de autobuses para o viaxe.