← Volver Dende A Limia

Baltar volverá a celebrar a súa FESTA POPULAR

Baltar volverá a celebrar a súa FESTA POPULAR

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Como xa é tradición o concello de Baltar celebra a xa tradicional festa popular  que encherá de xogos, música e comida para todos aqueles, veciños e visitantes de toda a Limia e da veciña Montalgre a partir das 16 horas.
TUTE BRISCA E XOGOS DE MESA
As primeiras competición da tarde será as de tute e brisca en parellas, así como futbolín e pin-pong, vintos e carreira de sacos.
A partir das 18 h. comezarán os xogos  por equipos entre os que se desenrolará o tiro de corda, onde os perdedores Terán que tirarse as augas do rio. Tamén no rio terá lugar o tradicional cruce dende o pau. Paralelamente a estes xogos haberá una exhibición de parapente e paramotor dende a serra do Larouco.
MUSICA TODA A TARDE E NOITE
A música estará presente durante toda a tarde a cargo da Escola de Música tradicional de Baltar , as Xeitosiñas de Baltar e varios grupos folclóricos do país veciño. Pola noite a animación musical estará a cargo do DJ Patakiña e o cantante Celso Carballo.
Xa a hora da cea poderanse degustar porco ao espeto e produtos da terra.
ZONA INFANTIL
Tamén no caneiro haberá durante toda a tarde instalados inchables para os máis pequenos, así como un toro mecánico.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Conmemoración da histórica toma do Santa María en Xinzo de Limia
Dende A Limia Conmemoración da histórica toma do Santa María en Xinzo de Limia
O Concello de Xinzo de Limia inicia este venres un programa cultural para conmemorar o aniversario da toma do transatlántico Santa María en 1961. Este suceso histórico foi unha acción de resistencia antifascista liderada polo Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (DRIL) e ideada polo intelectual galego Xosé Velo. A programación destaca as seguintes actividades: Exposición “Love Velo”: Unha mostra fotográfica e documental dedicada á figura de Xosé Velo, que poderá visitars…
10 de junio de 2026 1 min lectura
Xornadas de Portas Abertas e Matriculación para o Novo Curso de Música
Dende A Limia Xornadas de Portas Abertas e Matriculación para o Novo Curso de Música
Co obxectivo de presentar a súa proposta educativa e fomentar a iniciación musical, a institución organiza unhas xornadas de portas abertas dirixidas a todas as persoas interesadas en coñecer o centro e resolver calquera dúbida sobre os seus estudos. Detalles do evento: Datas: 3, 4 e 5 de xuño (mércores, xoves e venres). Horario: De 16:00h a 20:00h. Ademais, informa de que xa se encontra aberto o prazo de matrícula para o vindeiro curso académico.
1 de junio de 2026 1 min lectura
A Xunta inicia as obras de mellora na estrada OU-540 entre Celanova e Bande
Dende A Limia A Xunta inicia as obras de mellora na estrada OU-540 entre Celanova e Bande
A Xunta de Galicia iniciou as obras de mellora na estrada OU-540, nun tramo de 14,1 quilómetros que conecta Celanova con Bande. Esta actuación contará cun investimento de 6 millóns de euros e terá un prazo de execución previsto de 18 meses. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, supervisou o inicio das traballos, destacando que esta intervención é estratéxica para a comarca da Baixa Limia. O obxectivo principal é aumentar a capacidade, a seguridade …
2 de junio de 2026 1 min lectura