← Volver Dende A Limia

A Xunta inicia as obras de mellora na estrada OU-540 entre Celanova e Bande

A Xunta inicia as obras de mellora na estrada OU-540 entre Celanova e Bande

Fotografía de arquivo. A Limia News.

A Xunta de Galicia iniciou as obras de mellora na estrada OU-540, nun tramo de 14,1 quilómetros que conecta Celanova con Bande. Esta actuación contará cun investimento de 6 millóns de euros e terá un prazo de execución previsto de 18 meses.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, supervisou o inicio das traballos, destacando que esta intervención é estratéxica para a comarca da Baixa Limia. O obxectivo principal é aumentar a capacidade, a seguridade e a funcionalidade da vía, que serve como conexión con a AG-31 e con Portugal, reforzando así o acceso dos núcleos rurais aos servizos.

As obras centraránse especialmente no treito entre Agrelo e Bande Norte (7,5 km), onde se realizarán as actuacións máis intensas. O plan de intervención inclúe:

  • Mejoras na plataforma: Ampliación con carrís de adiantamento e rectificación de curvas.
  • Infraestrutura e pavimentación: Renovación da capa de rodaxe, mellora do firme e rediseño de interseccións.
  • Seguridade e accesibilidade: Construción de sendas peonís en Agrelo e Carballo, renovación de cunetas, adecuación de accesos e mellora da iluminación viaria.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Rodrigo Pires coróase campión galego de Kick Boxing Neoprofesional en San Cristovo de Cea
Dende A Limia Rodrigo Pires coróase campión galego de Kick Boxing Neoprofesional en San Cristovo de Cea
O pasado sábado 9 de maio, o Pavillón de Deportes de Cea acolleu a I Velada, un evento deportivo que contou con 10 combates de alto nivel nas modalidades de rin, Kick Boxing e Muay Thai. O momento culminante da xornada foi o combate polo cinto galego Neo Pro de Lowkick na categoría de -60 kg. No duelo enfrontáronse Ángel Román “El Vikingo”, do club El Barrio Kickboxing de Vigo, e o limiao Rodrigo Pires, das Escolas Deportivas de Viana do Bolo. A pesar de que Román se levara a vitoria nun encon…
13 de mayo de 2026 1 min lectura
Inicio das Letras Galegas 2026 en Xinzo de Limia
Dende A Limia Inicio das Letras Galegas 2026 en Xinzo de Limia
O Concello de Xinzo de Limia iniciou a programación das Letras Galegas 2026 cunha xornada dedicada á figura da escritora e xornalista Begoña Caamaño. A actividade, denominada "Chaves Invisibles", desenvoluse no Auditorio da Casa da Cultura e contou coa participación de máis dun centenar de escolares procedentes dos CEIP Rosalía de Castro e CEIP Carlos Casares. Esta proposta pedagóxica e literaria ten como obxectivo principal fomentar o interese pola literatura galega desde as idades máis tempe…
12 de mayo de 2026 1 min lectura
Víctor Fernández Freixanes agasallado co Premio Carlos Casares de Xornalismo 2025
Dende A Limia Víctor Fernández Freixanes agasallado co Premio Carlos Casares de Xornalismo 2025
No xardín da Casa Parroquial de Xinzo, celebrouse a entrega do Premio Carlos Casares de Xornalismo 2025 á figura de Víctor Fernández Freixanes. O evento, que reuniu a autoridades e amigos, serviu para recoñecer a traxectoria do escritor, editor e expresidente da Real Academia Galega. Homenaxe á labor de Freixanes Durante o acto, María López Sández pronunciou unha laudatio onde destacou a filosofía de Freixanes de "comunicar para crear comunidade". Resaltou o seu impacto multidisciplinar na cul…
30 de mayo de 2026 2 min lectura