← Volver Dende A Limia

​“ALMA”, A 3ª PRODUCION DE JAVIER SANTANA

​“ALMA”, A 3ª PRODUCION DE JAVIER SANTANA

Fotografía de arquivo. A Limia News.

A curtametraxe dramática e de carácter intimista “Alma”, manifesta a insatisfacción da xuventude e a propia conexión con outras persoas cando un se sinte perdido. É unha reflexión visual onde a psicoloxía xogará un papel fundamental. O reparto está formado completamente por mulleres, entre elas Mayka Braña. Recoñecida no panorama audiovisual galego e nacional por series como “Libro de familia”, “Pazo de familia” ou “Servir y proteger”. Tamén a modelo de sete anos Lara González, natural de Vigo, cunha importante traxectoria no mundo da moda, participará no proxecto.Entre as máis de dez localizacións encóntrase o Pazo de Lourizán unha edificación do século XV, o Convento de San Francisco, o Museo de Pontevedra ou o casco histórico da cidade.

A organización sen ánimo de lucro está constituída dende hai un ano por dez membros das catro provincias. Javier forma parte dela. O seu principal obxectivo é crear e organizar eventos ademais de producir obras audiovisuais con carácter legal. Paralelamente pretenden asentar unha marca, a marca Mómaro. “Estamos abertos a todo tipo de propostas, dende spots publicitarios para redes, eventos ou producións cinematográficas”, afirma. Dende o mes de xullo do ano pasado encóntranse en fase de preprodución deste novo proxecto.
Tras os seus estudos no IES Cidade de Antioquía, decidiu estudar o FP Superior de Produción Audiovisuais e Espectáculos en Ourense no CIFP A Farixa. Paralelamente introduciuse no panorama audiovisual como produtor coa serie web Os Tempos Mortos do Führer. Proxecto que chegara a América Latina e tivera a súa propia estrea na Casa da Cultura en Xinzo en 2021. Nese mesmo ano outorgáronlle o Premio Extraordinario de FP por obter a mellor puntuación en Imaxe e Son en Galicia. A súa segunda produción, “Uxía” chegaría en 2023 coa selección no “Fas Muvis. Límite 48h” do OUFF. Actualmente encóntrase no terceiro ano do Grao de Comunicación en Pontevedra.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Formación e apoio para familias coidadoras en Trasmiras
Dende A Limia Formación e apoio para familias coidadoras en Trasmiras
O programa de Apoio e Formación Integral a Familias Coidadoras no Rural conclúíos as súas sesións formativas, unha iniciativa promovida polo CDR O Viso en colaboración co Concello de Trasmiras. O obxectivo principal foi dotar as persoas coidadoras de ferramentas prácticas e crear espazos de encontro para fortalecer as redes de apoio entre elas. Durante as xornadas, abordáronse temas fundamentais para o coidado diario, entre os que destacan: Coñecemento de demencias e enfermidades dexenerativas…
2 de junio de 2026 2 min lectura
Resumo de resultados e clasificacións deportivas
Dende A Limia Resumo de resultados e clasificacións deportivas
Veteráns Tanto o equipo veterano feminino como o masculino están clasificados para as finais da Copa Deputación, que se disputarán o sábado 13 de xuño ás 16:00 h nas instalacións do Paco Paz. Destaca que os veteranos masculinos lograron a súa primeira vitoria da tempada ao vencer a Maristas Coruña. Cadetes As tres categorías cadete quedaron eliminadas da Copa: Cadetes femininas (2010 e 2011): Eliminadas tras perder contra Blanco Amor e Val de Lemos, respectivamente. Cadetes masculinos: Qued…
31 de mayo de 2026 1 min lectura
O BNG propón unha planificación estratéxica e participativa para o novo auditorio de Xinzo
Dende A Limia O BNG propón unha planificación estratéxica e participativa para o novo auditorio de Xinzo
O Grupo Municipal do BNG manifestou a necesidade de que o proxecto do novo auditorio de Xinzo comece cunha análise profunda das necesidades culturais e da viabilidade económica e funcional, antes de proceder ao deseño arquitectónico do edificio. Segundo a formación, é fundamental definir primeiro as actividades que acollerá a infraestrutura e como se integrará na vida cultural da vila e da comarca. Para garantir que este equipamento sexa un éxito a longo prazo e conte co apoio social, o BNG pro…
12 de junio de 2026 2 min lectura