← Volver Dende A Limia

Formación e apoio para familias coidadoras en Trasmiras

Formación e apoio para familias coidadoras en Trasmiras

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O programa de Apoio e Formación Integral a Familias Coidadoras no Rural conclúíos as súas sesións formativas, unha iniciativa promovida polo CDR O Viso en colaboración co Concello de Trasmiras. O obxectivo principal foi dotar as persoas coidadoras de ferramentas prácticas e crear espazos de encontro para fortalecer as redes de apoio entre elas.

Durante as xornadas, abordáronse temas fundamentais para o coidado diario, entre os que destacan:

  • Coñecemento de demencias e enfermidades dexenerativas.
  • Prevención de caídas e seguridade no fogar.
  • Mobilización de persoas dependentes e uso de produtos de apoio.
  • Xestión emocional e a importancia do autocoidado.

A actividade contou co acompañamento profesional do equipo do CDR O Viso, integrando a labor da psicóloga Sarai Bohórquez, a terapeuta ocupacional Laura Sáez e a traballadora social Tania Feijoo. Estas sesións non só permitiron a adquisición de coñecementos técnicos, senón que serviron para visibilizar o papel das persoas coidadoras e ofrecerlles un espazo de escoita e compartición de experiencias.

Este programa está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, a través da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Nace 25motivos.gal, a web que reúne toda a axenda e recursos da Limia-Arnoia
Dende A Limia Nace 25motivos.gal, a web que reúne toda a axenda e recursos da Limia-Arnoia
A nova plataforma 25motivos.gal xa está operativa para ofrecer nun único espazo información turística, cultural e axendas de eventos de 25 concellos da comarca da Limia-Arnoia. Esta páxina web busca facilitar tanto aos veciños como aos visitantes a planificación de plans e o descubrimento de novos lugares sen ter que buscar en diferentes fontes. Os concellos que forman parte desta iniciativa son: A Bola, Allariz, Baltar, Bande, Baños de Molgas, Os Blancos, Calvos de Randín, Celanova, Entrimo, …
25 de septiembre de 2026 2 min lectura
Comeza a campaña da Pataca de Galicia: xa podes atopar a nova colleita nas tendas
Dende A Limia Comeza a campaña da Pataca de Galicia: xa podes atopar a nova colleita nas tendas
A Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pataca de Galicia iniciou estes días a recollida da nova colleita nas diferentes zonas produtoras de toda a comunidade. O produto certificado comeza a chegar xa aos supermercados, tendas de barrio e canles de venda en liña. A súa presenza nos puntos de venda irá en aumento durante as próximas semanas tanto en Galicia coma no resto de España. Para garantir que estás a mercar a auténtica Pataca de Galicia, os responsables da IXP recomendan: Revisar sempre…
16 de septiembre de 2026 1 min lectura
A Deputación de Ourense reparte 1,6 millóns de euros entre concellos, clubs e emprendedoras
Dende A Limia A Deputación de Ourense reparte 1,6 millóns de euros entre concellos, clubs e emprendedoras
A Deputación de Ourense aprobou onte un paquete de axudas que suma 1.592.721 euros. Estes cartos irán destinados a melloras nos concellos e a apoiar o deporte, a cultura e os negocios impulsados por mulleres na provincia. Axudas para os concellos (808.642 euros) Esta partida inclúe 22 achegas para obras de saneamento, pavimentación, infraestruturas deportivas e servizos públicos. Entre as contías máis destacadas están: 100.000 euros para o Museo Galego do Entroido, en Xinzo de Limia. 80.640 …
22 de septiembre de 2026 2 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser