← Volver Dende A Limia

Acto de entrega do premio do certame literario Antón Tovar

Acto de entrega do premio do certame literario Antón Tovar

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Onte á tarde, 15 de xuño, coa presenza de máis de medio centenar de persoas, o patio do Museo da Limia acollía o acto de entrega do premio do certame literario Antón Tovar, patrocinado polo Balneario de Cortegada e o Hotel Bienestar Termas de Monção (Tesal Explotación SL), consiste nun bono dunha fin de semana para unha parella, en pensión completa, no Hotel Bienestar Termas de Monção (Portugal) e na publicación do texto na revista Tempos Novos.
O presidente do Padroado e coordinador da Antoloxía poética de Tovar (Xerais, 2023), Delfín Caseiro, falou o significado da obra do poeta da Pereira.

De seguido o público asistente aplaudiu a proposta da Xunta Directiva da asociación, reitendo a reivindicación de que a Real Academia Galega lle dedique o Día das Letras de 2025 ao poeta limiao.
O acto continuou coa lectura do poema “Eu” (incluído no libro O vento no teu colo), a cargo de Clara, Emma, Nía, Tiago, Eric e Daniel, alumnos/as do CEIP Carlos Cid Arregui (Rairiz de Veiga).

Despois da lectura da correspondente acta, efectuada polo secretario do xurado, Xoán Jardón, a súa presidenta, Conchita Rúa, acompañada de Tomás Ares, director do Centro Tesal, fixéronlle entrega do premio a Valeria Gutiérrez Caneda, autora da obra “Tanto camiñei, camiñei tanto”.

O evento estivo contou co acompañamento musical do cantautor valdeorrés Anxo Rei, que creou a música para dez poemas de Tovar, reunidos no disco A rabela da pluma.
A creación poética e narrativa de Antón Tovar, feita de autenticidade e alta calidade literaria, mantén plena vixencia nos nosos días. A convocatoria deste certame literario Antón Tovar por parte do Museo da Limia quere ser unha nova chamada á sociedade galega para que valore o extraordinario legado creativo do autor ourensán.
O Museo da Limia vén promovendo desde o ano 2021, centenario do nacemento de Antón Tovar, unha serie de iniciativas encamiñadas a difundir a obra tovariana e a demandar a dedicación do Día das Letras Galegas ao poeta da Pereira. No ano 2022 foi entregado na sede da Real Academia Galega un completo expediente que recollía varios centos de sinaturas de adhesión da cidadanía e numerosos documentos que se manifestaban neste sentido.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Presentación do libro "Queda moito por sachar. A literatura galega nunha caixa de zapatos"
Dende A Limia Presentación do libro "Queda moito por sachar. A literatura galega nunha caixa de zapatos"
Data e hora: Venres, 22 de maio, ás 20:00 h Lugar: Biblioteca Pública Antelana Autor: Xosé Manuel del Caño A Biblioteca Pública Antelana acollerá a presentación da nova obra de Xosé Manuel del Caño, titulada "Queda moito por sachar. A literatura galega nunha caixa de zapatos". O libro ofrece unha mirada ás historias e ao compromiso das persoas que traballaron para preservar a lingua e a literatura galegas durante períodos complicados. Persoas participantes: X. M. del Caño: Autor da obra. J…
16 de mayo de 2026 1 min lectura
Desenvolvemento rural en Vilar de Santos: reunión para impulsar o regadío e as infraestruturas
Dende A Limia Desenvolvemento rural en Vilar de Santos: reunión para impulsar o regadío e as infraestruturas
Protagonistas: Paz Rodríguez (Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural), Marcos Nogueiras (Alcalde de Vilar de Santos) e Begoña Francisco (Tenente alcade). Contexto e lugar: A xuntanza desenvoluse en Vilar de Santos e serve como continuación dunha interlocución previa mantida coa conselleira do Medio Rural para tratar asuntos de interese para o concello. Puntos clave tratados: Proxecto de regadío: Analisouse a viabilidade de impulsar un sistema de regadío para a zona, unha m…
1 de junio de 2026 1 min lectura
Xornadas de Portas Abertas e Matriculación para o Novo Curso de Música
Dende A Limia Xornadas de Portas Abertas e Matriculación para o Novo Curso de Música
Co obxectivo de presentar a súa proposta educativa e fomentar a iniciación musical, a institución organiza unhas xornadas de portas abertas dirixidas a todas as persoas interesadas en coñecer o centro e resolver calquera dúbida sobre os seus estudos. Detalles do evento: Datas: 3, 4 e 5 de xuño (mércores, xoves e venres). Horario: De 16:00h a 20:00h. Ademais, informa de que xa se encontra aberto o prazo de matrícula para o vindeiro curso académico.
1 de junio de 2026 1 min lectura