← Volver Dende A Limia

Volveu ao calendario o festival de bandas de gaitas a Xinzo

Volveu ao calendario o festival de bandas de gaitas a Xinzo

Fotografía de arquivo. A Limia News.

A tarde comezou cunha recepción as bandas participantes no salón de plenos do concello polo alcalde, recibindo tamén a Xosé Luis Foxo, director da Real Banda o cal aproveitou para interpretar unha peza cunha gaita do Caurel que ten máis de 200 anos. 

Banda B de Xinzo
Despois foi o desfile das bandas polo pobo para reunirse na praza Carlos Casares e comezar o festival.
Participaron as bandas A e B de Xinzo, a banda da escola de música de Trasmiras o sexteto Toxo Queimado da provincia de Lugo e a banda de Candás, que nunca pode faltar nos festivais de Xinzo. 

Banda Trasmiras 
Quen si faltou por mor dunha urxencia foi o organizador do certame Fernando Dopico ao que se lle agradeceu todo o traballo realizado e esperando que todo volva a normalidade en poucos días.

Sexteto Toxo Queimado
Estiveron presentes, ademais de moitos veciños e veciñas o alcalde Amador Díaz, os concelleiros  de festexos Ricardo Sieiro e a de SS.SS. María Ángeles Martínez,  a portavoz do PSOE e ex alcaldesa Elvira Lama e o alcalde de Trasmiras Emilio J.Pazos.

Grupo Habitación Vudú
Ademais das bandas actuou tamén, cunha soa peza, o grupo Habitación Vudú como parte da homenaxe que o festival fixo ao ex compoñente da banda Rubén Seoane membro do grupo de rock ata o seu triste pasamento fai uns meses.

Banda Candás 

As autoridades antes do remate fixeron acto de presenza no palco para facer entrega dos agasallos as bandas participantes.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Participación do CDR O Viso na Xornada Provincial do Terceiro Sector
Dende A Limia Participación do CDR O Viso na Xornada Provincial do Terceiro Sector
As profesionais do CDR O Viso, a educadora social Aine Opazo e a traballadora social Paula Blanco, participaron na Xornada Provincial do Terceiro Sector, un evento organizado pola Deputación Provincial de Ourense para fomentar a cooperación entre as entidades sociais da provincia. O obxectivo principal desta xornada foi promover a visibilidade do Terceiro Sector e o intercambio de experiencias, buscando fortalecer o traballo en rede para mellorar a resposta ás necesidades da cidadanía. Un d…
9 de junio de 2026 1 min lectura
Coordinación turística no xeodestino “Terras de Celanova-Serra do Xurés”
Dende A Limia Coordinación turística no xeodestino “Terras de Celanova-Serra do Xurés”
Na recente reunión de seguimento celebrada no auditorio de Outomuro, en Cartelle, o Inorde e os 14 concellos que integran o xeodestino “Terras de Celanova-Serra do Xurés” acordaron as novas liñas de actuación para o segundo semestre do ano. O obxectivo principal é a programación de rutas e experiencias turísticas conectadas coa natureza e o patrimonio. Para reforzar o posicionamento do territorio, desenvolerán accións de comunicación dixital en colaboración con prescriptores do sector, buscando…
22 de junio de 2026 1 min lectura
Nova xornada de sendeirismo na Vía da Prata uniu Verín e Xinzo de Limia
Dende A Limia Nova xornada de sendeirismo na Vía da Prata uniu Verín e Xinzo de Limia
A Deputación de Ourense, a través do Inorde, organizou unha nova etapa de sendeirismo na Vía da Prata, na que participaron preto de 40 peregrinos. O percorrido uniu os concellos de Verín e Xinzo de Limia, partindo cunha conexión entre a Vía da Prata e o Camiño Portugués do Interior na zona de Feces. Esta actividade está integrada no proxecto europeo Interreg “Camiño Vertical”, unha iniciativa orientada á promoción do turismo sustentable e á posta en valor dos itinerarios culturais e naturais no…
9 de junio de 2026 2 min lectura