← Volver Dende A Limia

Coordinación turística no xeodestino “Terras de Celanova-Serra do Xurés”

Coordinación turística no xeodestino “Terras de Celanova-Serra do Xurés”

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Na recente reunión de seguimento celebrada no auditorio de Outomuro, en Cartelle, o Inorde e os 14 concellos que integran o xeodestino “Terras de Celanova-Serra do Xurés” acordaron as novas liñas de actuación para o segundo semestre do ano.

O obxectivo principal é a programación de rutas e experiencias turísticas conectadas coa natureza e o patrimonio. Para reforzar o posicionamento do territorio, desenvolerán accións de comunicación dixital en colaboración con prescriptores do sector, buscando dar maior visibilidade á zona.

A estratexia conta co apoio da Axencia de Turismo de Galicia e foca na calidade e sustentabilidade mediante o sistema SICTED, que actualmente engloba 28 servizos turísticos, tanto públicos como privados.

Concellos integrantes do xeodestino:

  • A Bola
  • A Merca
  • Bande
  • Cartelle
  • Celanova
  • Entrimo
  • Gomesende
  • Lobios
  • Lobeira
  • Muíños
  • Padrenda
  • Quintela de Leirado
  • Ramirás
  • Verea

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Celebración do XIV Abrazo ao Río Limia
Dende A Limia Celebración do XIV Abrazo ao Río Limia
A Praza Maior acolleu unha actuación do Rancho Folclórico da Ribeira de Ponte de Lima, un evento que serviu como preludio para celebrar a amizade entre Galicia e Portugal. Esta celebración forma parte do XIV Abrazo ao Río Limia, cuxo acto central terá lugar o vindeiro martes pola mañá. Neste encontro, máis de mil escolares galegos e portugueses protagonizarán o tradicional abrazo simbólico nas beiras do río.
15 de junio de 2026 1 min lectura
Mañá de relax no CEIP Carlos Casares
Dende A Limia Mañá de relax no CEIP Carlos Casares
"Mimos para a tribu": xornada de benestar para os nenos do CEIP Carlos Casares Un total de 41 alumnos de 4 anos do CEIP Carlos Casares participaron na actividade sorpresa "Mimos para a tribu", unha iniciativa deseñada como recoñecemento ao esforzo realizado polos pequenos ao longo do curso escolar. Durante unha hora, os nenos desfrutaron de diversas actividades de relaxación e coidado persoal, que incluíron a aplicación de máscaras faciais, masaxes, remollo de pés, manicura, maquillaxe e peina…
16 de junio de 2026 1 min lectura
Alerta de fraude: Campaña de smishing que suplantan á AEAT
Dende A Limia Alerta de fraude: Campaña de smishing que suplantan á AEAT
Detectouse unha campaña de estafa mediante smishing (mensaxes de texto fraudulentas) onde criminais intentan hacerse pasar pola Axencia Tributaria (AEAT). O fraudador envía un enlace falso para que a vítima acceda a un suposto comunicado emitido pola institución. Como identificar a mensaxe falsa Existen tres elementos clave para distinguir este fraude dunha comunicación auténtica: URLs sospeitosas: A web oficial da Axencia Tributaria sempre termina en .gob.es ou .es. As estafas utilizan exten…
27 de mayo de 2026 2 min lectura