← Volver Dende A Limia

Rematou a primeira quincena do campamento de verán en Lodoselo

Rematou a primeira quincena do campamento de verán en Lodoselo

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Do 1 ó 12 de xullo tivo lugar en Lodoselo a primeira quincena do campamento Concilia de Verán, no que participaron 40 nenas e nenos da comarca da Limia con idades entre os 3 e os 12 anos. Nesta primeira quincena a nosa máxima foi “Eu son rural“, participando en tarefas e obradoiros propios da nosa vida nas aldeas: traballos na horta do Centro de Día coa Pili, o Eloi e coas persoas maiores, amasado do pan no forno coa Rosa e paseo no carro coa Terra, a nosa burriña; tamén fixemos o obradoiro de elaboración de papel reciclado, as olimpíadas rurais, actividades artísticas na natureza, e mesmo elaboramos unha pomada natural. Ademais fomos á piscina a Vilaseca, que foi onde se deron os momentos de diversión total. 

A maiores destas actividades, en Lodoselo dámoslle moita importancia ás tarefas diarias, que son unha fonte inesgotable de aprendizaxes. A rutina diaria de sacar as ovellas -e saudar a Muma e ó Eo que as acompañan-, os patos (mudos e corredores indios) e as ocas (ganso e ansarón), botarlles de comer e atendelos supón a adquisición de coñecemento e responsabilidade para todas as persoas que participamos disto, e cremos que a conexión cos ritmos propios da natureza implican beneficios óptimos para o desenvolvemento de toda persoa.

Por outra banda, este ano o noso Concilia evolucionou un pouco máis cara a atención emocional plena ás nenas e nenos participantes; a benvida e a despedida en pequenos grupos foron un salto cualitativo para o benestar de todos, fomentando a comunicación, o diálogo, a participación e que cada persoa tiveramos voz propia e que esa voz fose escoitada e respectada. Non concibimos outro xeito de estar coa infancia.
As familias notarían que desta vez as fotos foron moitas menos, porque quixemos predicar co exemplo e continuar coa nosa campaña “Racha coas cadeas da dependencia dixital“, fomentando o respecto á privacidade e intimidade das nenas e nenos, intentando non usar o móbil na súa presenza e vivindo no aquí e agora.
Estamos moi agradecidas de ter compartido estes días con estas nenas e nenos. Graciñas a todxs! Xa estamos coa segunda quincena. Esta actividade enmárcase no programa “Concilia Rural“ e está financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia na subvención destinada á realización de programas de interese social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Documental e revalorización da tradición do liño en Galicia
Dende A Limia Documental e revalorización da tradición do liño en Galicia
Un equipo de documentalista composto por Manuel Calviño, Paula Cereixo e Lucas Terceiro (da produtora Tres Ínsuas) está a realizar un proxecto audiovisual centrado na historia das tecedeiras galegas. O obxectivo é recuperar a memoria viva desta tradición mediante os relatos de persoas que vivenciaron a época en que o cultivo e procesamento do liño era unha actividade fundamental nas familias. No marco deste documental, xa se realizaron gravacións importantes: En Lodoselo: Graváronse os relatos…
22 de junio de 2026 2 min lectura
Experiencia educativa e natureza en "A Abelliña azul"
Dende A Limia Experiencia educativa e natureza en "A Abelliña azul"
No centro "A Abelliña azul - O Mel da Inés", realizouse unha xornada de aprendizaxe vivencial dirixida a nenos e familias, centrada no mundo das abellas e o ecosistema arredor. A actividade consistiu nunha serie de xornadas didácticas que incluíron: Contacontos e explicacións sobre o funcionamento das colmeas, o mel e o pole. Observación da cera e degustación de diferentes tipos de mel. Visita guiada ao bosque autóctono galego e observación directa das colmeas. O obxectivo principal…
24 de mayo de 2026 1 min lectura
As alcaldías de Oimbra, O Riós, Porqueira e San Xoán de Río únense á economía circular glocal
Dende A Limia As alcaldías de Oimbra, O Riós, Porqueira e San Xoán de Río únense á economía circular glocal
No marco do encontro internacional Rural University Hub, celebrado en San Xoán de Río, as alcaldías de Oimbra, O Riós, Porqueira e San Xoán de Río, xunto á Fundación Finnova, asinaron o Manifesto Internacional pola Economía Circular Glocal. Esta iniciativa, que ten orixe en Ibagué (Colombia), busca promover a economía circular como unha ferramenta clave para xerar oportunidades económicas, protexer o medio ambiente e fortalecer a cohesión social nos territorios rurais. O acordo pretende situar …
9 de junio de 2026 2 min lectura