No centro «A Abelliña azul – O Mel da Inés», realizouse unha xornada de aprendizaxe vivencial dirixida a nenos e familias, centrada no mundo das abellas e o ecosistema arredor.
A actividade consistiu nunha serie de xornadas didácticas que incluíron:
- Contacontos e explicacións sobre o funcionamento das colmeas, o mel e o pole.
- Observación da cera e degustación de diferentes tipos de mel.
- Visita guiada ao bosque autóctono galego e observación directa das colmeas.
O obxectivo principal desta iniciativa foi reconectar ás persoas coa natureza, achegar as novas xeracións á apicultura e fomentar o respecto polo bosque autóctono, utilizando o modelo de cooperación da colmea como valor educativo.